Ermelo, Bueu: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Trocar espazo de nomes 'Imaxe:' e/ou 'Image:' por 'Ficheiro:'
+ datos e referencia
Liña 2:
'''Santiago de Ermelo''' é unha parroquia que se localiza no sur do concello de [[Bueu]]. Segundo o padrón municipal de [[2004]] tiña 85 habitantes (43 mulleres e 42 homes) distribuídos en 1 entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano [[1999]] cando contaba con 92 habitantes.
 
==Patrimonio==
Na parroquia atopábase o [[mosteiro de Santiago de Ermelo]]<ref>[http://www.lavozdegalicia.com/ocioycultura/2009/07/27/0003_7871720.htm?idioma=galego "O rastro epigráfico de Xelmírez"] artigo en ''[[La Voz de Galicia]]'', 27 de xullo de 2009</ref>. Na igrexa parroquial consérvase unha lápida cunha inscrición, na actualidade partida en dúas pezas, colocadas sobre repisas metálicas aos lados da capela maior. O texto da inscrición menciona a reedificación do templo en [[1104]].
 
O texto foi estudado por [[Miguel Romaní Martínez]] (da [[USC]]), [[Pablo Otero Piñeyro Maseda]] e [[Ángeles Alvariño]] (do [[Instituto Pai Sarmiento]] do [[CSIC]]), e é unha das tres únicas inscricións en pedra referentes ao arcebispo de Compostela [[Diego Xelmírez]], xunto cunha en [[Padrón, Padrón|Padrón]], datada en [[1133]] (que non o cita explicitamente) e outra en [[Alba, Pontevedra|Alba]] ([[Pontevedra]]), onde se le: «''...Didacus Compostellanus Eps...''» («Diego, bispo compostelán...»), malia que está moi gastada.
 
O pai [[Frei Martiño Sarmiento|Sarmiento]] xa se refire á lápida en [[1745]], xa daquela en dúas pedras separadas, pero non estudada a fondo por falta de tempo e as dificultadas á hora de examinala.
 
O texto, segundo os investigadores, podería ser traducido como: «Téñase por seguro que esta igrexa de Santiago Apóstolo foi restaurada na súa totalidade, tal e como agora está, en tempos dos abades Fernando e Arias Savariz. Reinando en [[Toledo]] o Emperador [[Afonso VI de León|Afonso]], [sendo] [[Raimundo de Borgoña|Raimundo]] [de Borgoña, conde] en terras de [[Galicia]]; [sendo] bispo [de Compostela] Diego Segundo [Xelmírez]. Era 1142 [ano 1104]. [O Mestre] Fernando edificou [esta igrexa]».
 
Pola feitura da inscrición, os investigadores apuntan a que sería un monxe coñecedor da documentación da súa época, escrita en caracteres visigóticos.
 
==Referencias==
{{referencias}}
 
==Véxase tamén==
 
{{Lp Ermelo}}