Sexenio Democrático: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Trocar espazo de nomes 'Imaxe:' e/ou 'Image:' por 'Ficheiro:'
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo ligazón interna
Liña 44:
A república española nace sen apoio político e social. Os partidos republicanos carecen de seguidores. As clases populares comezan a inclinarse polos movementos obreiros. Os poderes fáticos (Igrexa, exército, banqueiros, etc.) eran contrarios á república
 
O primeiro presidente da república foi [[Estanislao Figueras]] e tras a vitoria republicana nas eleccións, a maioría federalista entregou o poder a [[Francesc Pi i Margall]] que puxo en marcha o proxecto da Constitución federal de [[1873]]. Ésta constitución establecía a separación entre Estado e Igrexa e un modelo de España a partires dunha federación de 15 (ou 17 con [[Cuba]] e [[Porto Rico]]). Os estados federales serían: Andalucía Alta, Andalucía Baixa, [[Aragón]], Castilla la Nueva ([[Castela e León]]), Castilla la Vieja ([[Castela a-A Mancha]]), Cataluña, [[Estremadura]], [[Galicia]], [[Murcia]], [[Navarra]], [[Valencia]], Rexóns Vascongadas ([[País Vasco]]). A estes estado engádenselle: [[Filipinas]], Fernando Poo, Annobón (sito no Golfo de Guinea) e Corisco.
 
España vivía unha situación de permanente conflitividade social e política. As tensións sociais manifestábanse en forma de folgas obreiras, ocupación das terras obreiras e o cantonalismo. Tamén había conflitos militares que obstaculizaban a convivencia: Insurrección de Cuba e a [[Segunda Guerra Carlista]] ([[1872]]).