Xares, A Veiga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Cambiada Categoría:Parroquias de Ourense sen imaxes
+ datos
Liña 11:
 
'''Santa María de Xares''' é unha parroquia que se localiza no centro do concello da [[A Veiga|Veiga]]. Segundo o padrón municipal de [[2004]] tiña 82 habitantes (43 mulleres e 39 homes), distribuídos en 1 entidade de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano [[1999]] cando tiña 65 habitantes.
 
==Patrimonio==
A igrexa parroquial ten a súa orixe a comezos do [[século XI]], en [[1010]], sendo reformada no [[século XVI]]. Ten planta de cruz patriarcal, propia do [[románico]], e fachada [[neoclásica]]. Na cúpula hai catro esculturas, representando a dous mestres e dous peóns, con inscripcións nun deles. Hai unha cruz de [[1624]], doada por [[Alonso Ponce de León]], familiar do [[Santo Oficio]].
 
No templo consérvanse libros de rexistro de [[1583]].
 
Era a parroquia de presentación do marquesado de Figueiredo, sendo o lar propio coñecido como Casa de Lamela.
 
A parroquia aínda conserva moitos muíños, algúns de orixe medieval, aproveitando cantidade de cursos fluviais.
 
==Turismo==
Ademais de diversas casas de [[turismo rural]], en Xares hai un hotel de 3 estrelas. Dous dos atractivos son a pesca, principalmente no [[río Xares]], e a [[caza]].
 
===Lugares de Xares===
Liña 20 ⟶ 32:
===Outros artigos===
*[[Lugares da Veiga]]
 
 
<!--Categorías ocultas-->