Templo de Uppsala: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 6 de xullo de 2009 ás 19:31

O templo de Uppsala era un lugar relixioso en Gamla Uppsala (Antiga Uppsala), próximo á moderna Uppsala, Suecia, que fora creado para venerar aos deuses nórdicos dende tempos prehistóricos. O templo está escasamente documentado, mais téñense referencias del en sagas nórdicas e na Gesta Danorum de Saxo Grammaticus. Tamén foi descrito por Adán de Bremen.

Imaxe mostrando a cadea de ouro no templo, a fonte e a árbore, por Olaus Magnus Historia de Gentibus Septentrionalibus (1555)

As maiores controversias con respecto ao templo focalízanse especificamente no lugar da Antiga Uppsala onde se localizaba e se foi un edificio ou non. Algunhas correntes din que o templo foi confundido co salón dos reis suecos, situado a decenas de metros da igrexa actual, aínda que as igrexas acostumábanse a erguer sobre antigos templos pagáns ou sitios onde se realizaban actividades rituais.

Durante unha escavación na igrexa actual, os restos dun ou, posibelmente, varios edificios de madeira foron encontrados baixo os cimentos. Snorri Sturluson escribiu que o templo construíuno o deus Freyr, quen supostamente, viviu en Uppsala. Snorri e Saxo Grammaticus afirmaban que foi Freyr quen comezou a tradición dos sacrificios humanos no templo. As sagas nórdicas, Saxo Grammaticus e Adán de Bremen describen os sacrificios en Uppsala como festas populares que atraían público de toda a Suecia. Moitas destas fontes falan de sacrificios humanos para os deuses nórdicos.

O templo de Uppsala foi destruído, probabelmente polo rei Ingold I en 1087 durante a última batalla coñecida entre pagáns e cristiáns.

No ano 2000, realizouse un blót na Antiga Uppsala, sendo o primeiro evento deste tipo neste lugar en 900 anos. Foi realizado por membros da relixión Ásatrú.