José Monzo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
RNC (conversa | contribucións)
m José Villaverde non marchou da CRG, marchou dos órganos de dirección, de feito segundo Dionisio Pereira foi elixido secretario da CRG en decembro de 1935 pero non aceptou o posto
lig int e arranxiño
Liña 5:
 
==Carreira sindical==
En novembro do [[1930]] fundou o [[Centro Cultural Obrero]], que daría lugar un ano máis tarde ao [[Sindicato de Oficios Varios de Sada]], inserido na [[CNT]], do que sería presidente. Coa proclamación da República, en [[1931]], crea o [[Grupo Anarquista Luz]], que se adheriría á [[Federación Anarquista Ibérica]], sendo substituído no [[1935]] polo grupo [[Grupo Anarquista Nueva Vida|Nueva Vida]], tamén integrado na [[FAI]]. De feito José Monzo pertenceu á sección radical do movemento libertario. Constancia diso deixóunola ao participar no congreso de sindicatos do [[12 de febreiro]] do [[19331935]] en [[Santiago de Compostela]], que daría lugar á saída da dirección da [[Confederación Regional Galaica]] dos militantes moderados, entre eles o dirixente [[José Villaverde Velo]], sendo el un dos asinantes do manifesto no que se propuñan as bases para o desenvolvemento do anarquismo galego segundo os preceptos faístas. A súa participación na folga xeral do [[1933]] custaríalle unha tempada na cadea.
 
Dedicouse tamén á [[oratoria]], destacando, aparte dos mitins que pronunciou en Sada, aquel que, xunto a outros representantes do movemento libertario galego, ofrecera na praza de touros da [[A Coruña|Coruña]] co gallo das primeiras sospeitas do alzamento.