Mark Arm: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
mSen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Mark Arm.jpg|thumb|right|Mark Arm]]
'''Mark Arm''', (nacidonado como '''Mark McLaughlin''' o [[21 de febreiro]] de [[1962]]), é o vocalista da banda de [[grunge]] [[Mudhoney]]. É tamén considerado o creador do termo ''[[grunge]]'' para describir o seu estilo de [[rock]]. A súa primeira banda, [[Green River]], é probablemente a primeira banda deste estilo.
 
===Primeiras bandas===
Mark Arm entrou na escena musical de [[Seattle]] en [[1980]], despois de formar unha banda universitaria chamada Mr. Epp and the Calculations. A banda non fixo o seu primeiro concerto ata [[1981]], facendo de teloneiros de Student Nurse. Mark falaba de Mr. Epp como "a peor banda do mundo". En [[1982]] editaron un EP e ao ano seguinte introduciron como segundo guitarrista a [[Steve Turner]] e editaron un cassette. Mr. Epp and the Calculations separouse en [[1984]].
 
Despois do fin de Mr. Epp and the Calculations, Mark Arm e [[Steve Turner]] (que fixéranse grandes amigos) uníronse á banda Limp Richerds durante unhas semanas. Despois diso, Arm e Turner reclutaron a [[Jeff Ament]], [[Stone Gossard]] e [[Alex Vincent]] para formar a banda [[Green River]]. [[Green River]] editou dous EPs e un álbum antes de separarse. [[Steve Turner]] deixou a banda para rematar os seus estudios, e Arm tivo que formar unha nova banda. Despois de que Turner voltase, eles retomaron o seu proxecto paralelo a [[Green River]], The Thrown Ups.
 
===Mudhoney===
Arm e Turner formaron, xunto co baterista [[Dan Peters]] e o baixista [[Matt Lukin]] (antigo membro de [[The Melvins]]), [[Mudhoney]]. En [[1988]] [[Sub Pop]] editou o primeiro sinxelo da banda, "Touch Me, I'm Sick". Despois dunha longa xira e un EP, [[Mudhoney]] editou o seu álbum de debut, ''Mudhoney'', en [[1989]]. O seu seguinte traballo, ''Every Good Boy Deserves Fudge'', chegou pouco despois, xusto antes do estoupido do [[grunge]], grazas á edición do ''[[Nevermind]]'' de [[Nirvana (grupo musical)|Nirvana]]. En [[1992]], a banda asinou por unha multinacional, Reprise, e editou ''[[Piece of Cake]]''.