DS Oster: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
traducido directamente da wikipedia norueguesa nynorsk
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 11 de maio de 2009 ás 17:40

DS Oster é un barco de vapor noruegués construído en 1908 por Christianssands Mek. Værksted para Indre Nordhordlandske Dampskibsselskab. Realizaba a ruta entre o Osterfjorden e Bergen transportando pasaxeiros e carga. En 1963 Ragnvald Hammer escribiu o poema "Dar kjem dampen" en homenaxe ó navío, posteriormente Ivar Medaas compuxo a música.

O Oster en Bergen en 2005

Construción

En 1906 o concello de Modalen pediu ó consello de administración da IND que construíse un novo barco de transporte que puidese facer fronte ó xeo que mantiña illada a rexión no inverno. Ó ano seguinte a IND tomou a decisión de construír o novo navío cun potente motor e un casco forte encargándollo á Christianssands Mek. Værksted en Kristiansand que comezou o traballo a comenzos de 1908 e nese mesmo ano entregou a embarcación que recibiu o nome de Oster e tiña todas as características dun crebaxeos. O seu primeiro capitán foi Tobias Andersen Hordvik, nado en 1867, que tiña unha experiencia de 19 anos como capitán.

Ocupación alemá

Despois da caída de Noruega na Segunda Guerra Mundial en 1940 os alemáns confiscaron o navío dándolle o nome de Marder, realizando servizos de patrulla ata 1945.

MS Vaka

O barco sufrira un gran desgaste durante a ocupación e precisou unha reforma antes de volver a utilizarse como barco de pasaxeiros en 1956. En 1964 vendeuse e os novos prpietarios substituíron a caldeira de vapor por un motor de gasolina, recibiu o novo nome de MS Vaka, utilizándose para para rutas en Sørlandet e Vestlandet.

Restauración

Despois de trinta anos como MS Vaka mercouno a Nordhordland Veteranbåtlag en 1996 co obxectivo de restaurar o barco para deixalo como estaba na súa orixe cun motor de vapor de 1927. O barco primeiro recibiu o nome de Gamle Oster e desde 2000 volveu ó seu antigo nome, Oster.

Ligazóns externas