Estuario: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot: Reemprazo de texto automático (-[[Imaxe: +[[Ficheiro:)
mSen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Rio_de_la_Plata_BA_2.JPG|thumb|right|300px|Exemplo de Estuario (NASA)]]
Un '''estuario''' ou '''esteiro''' é un [[accidente xeográfico]] consistente nun corpo de auga formado na parte final dun [[río]] (ou na confluencia de varios ríos), e que se encontra en contacto directo co [[mar]], posuíndo unha salinidade máis baixa que a auga do mar. Un estuario sofre o vaivén das [[marea]]s.
 
Desde un punto de vista da [[ecoloxía]] e da [[oceanografía]], un estuario é unha rexión semipechada do [[océano]] influenciada polas descargas de auga doce dun ou de máis ríos, así como polas partículas en suspensión (lama, silt, etcétera) que esta arrastra. Por este aspecto , o da cantidade de [[nutrinte]]s que as augas de terra transportan, un estuario é xeralmente unha rexión con elevada [[produtividade biolóxica]]. Con todo, debido a ser unha rexión semipechada, sofre especialmente os efectos da [[contaminación]] e corre o risco de se transformar nun [[deserto]] biolóxico.
 
==Similitude con outros accidentes xeográficos==
 
Moitas veces úsase a palabra estuario en contraposición ao [[delta]]: aínda sendo ambos os dous [[foz (accidente xeográfico)|foces]] (desembocaduras), no caso do delta o río desemboca no mar a través de varios [[canal|canais]] ou brazos, e formando [[insua]]s entre brazos.
 
A diferencia entre [[esteiro]] e estuario e mais subtil e simplemente de tamaño, sendo o esteiro usado como "pequeno estuario"
 
==Importancia dos estuarios==
 
Os estuarios son [[hábitat]]s vitais para centos de especies mariñas. Foron calificados algunha vez como "guarderías do mar" pois o [[entorno]] protexido e a abundancia de nutrentes provee un lugar ideal para a reprodución de [[peixe]]s e [[molusco]]s. Moitos das especies de peixe importantes comercialmente pasan unha parte do seu ciclo de vida nos estuarios.
Tamén moitas especies de [[paxaro]]s dependen dos estuarios como áreas para se alimentar e aniñar. As [[ave]]s migratorias usan os estuarios como paradas de descanso antes de continuar a viaxe. Moitos [[mamífero]]s mariños tamén o usan como lugares de nutrición e cría. Todo isto está relacionado co feito de que un estuario san produce de 4 a 10 veces tanta [[materia orgánica]] como outra areaárea mariña da mesma extensión.
Os estuarios son importantes para a saúde dos [[océano]]s, en canto que filtran os [[sedimento]]s e contaminantes da auga antes de que desemboque no oceano. O exceso de nutrientes elimínase nas marismas salgadas colindantes, resultando en augas mais limpas para a xente e os [[organismo]]s mariños.
 
==Referencias==
 
*Pritchard, D. W. (1967) What is an estuary: physical viewpoint. p. 3–5 in: G. H. Lauf (ed.) ''Estuaries'', A.A.A.S. Publ. No. 83, Washington, D.C.
 
*M. Tomczak, "[http://www.es.flinders.edu.au/~mattom/IntroOc/notes/lecture12.html Oceanography Notes Ch. 12: Estuaries]".