Etruscos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Robbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: az, co, cy, fy, no, tl Eliminado: zh Modificado: ja
Xas (conversa | contribucións)
imaxe
Liña 1:
[[Ficheiro:Civilizacion etrusca.png|thumb|300px|Extensión da civilización etrusca]]
Os etruscos apareceron entre os séculos VIII-VII a.C. nun espazo comprendido entre os ríos [[Arno]] e [[Tiber]], entre o mar Tirreno e os montes Apeninos. A súa orixe foi obxecto de grandes controversias, pero parece fóra de toda dúbida que son de orixe oriental, ou que polo menos teñen elementos orientais na súa cultura. Provirían da [[Lidia]], de onde se viron na obriga de emigraren a raíz da invasión indoeuropea de Asia Menor. Formarían parte dos chamados [[Pobos do Mar]], protagonistas das grandes migracións que trocaron o escenario do Mediterráneo Oriental.
 
Liña 5 ⟶ 6:
A finais do século VI a. C comezou a decadencia do poderío etrusco. O [[tirano]] de Cumas, [[Aristodemo]], logrou rexeitalos e favoreceu a sublevación do [[Lazio]]. [[Roma]] expulsou o seu derradeiro rei, [[Tarquinio o Soberbio]] e proclamou a República. No [[-474|474 a.C.]] os campanos, aliados cos siracusanos, desfixeron a flota etrusca, mentres os [[samnitas]] ocupaban a Campania e os [[galos]] dende o norte, ocupaban o val do Po. Co tempo Roma e a súa política de conquista de Italia, rematou co poder etrusco.
 
=='''Institucións: O Patriarcado'''==
 
Todo o que sabemos dos etruscos procede das fontes narrativas romanas, que se complementan cos achados arqueolóxicos. Pero non convén esquecer o prexuízo histórico antietrusco dos romanos. Xa se dixo que os etruscos non chegaron a constituír un Estado, senón que estaban organizados en cidades-estado, coa a súa respectiva zona de influencia. Ao fronte de cada cidade había un [[rei]], que se dedicaba ao comercio e posuía obradoiros artesáns. O rei rodeábase de parentes e achegados que dominaban toda a actividade económica da cidade.
 
Liña 14:
 
==Véxase tamén==
 
*[[Alfabeto etrusco]]
*[[Lingua etrusca]]
*[[Arte etrusca]]