Destilación fraccionada: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
PepedoCouto (conversa | contribucións)
corrixo
m comezo o pór lig int
Liña 1:
[[Ficheiro:Destilacion.jpg|thumb|250 px|right|Destilación]]
== Definición ==
A '''destilación fraccionada''' é un proceso que consiste en quentar un [[líquido]] ata que os seus compoñentes máis volátiles pasan á fase de [[vapor]] e, a continuación, enfríanarrefrían o vapor para recuperar ditos compoñentes en forma líquida por medio da [[condensación]]. O obxectivo principal da [[destilación]] é separar unha mestura de varios compoñentes aproveitando as súas distintas volatilidades, ou ben separar os materiais volátiles dos non volátiles. Na evaporación e no secado, normalmente o obxectivo é obter o compoñente menos volátil; o compoñente máis volátil, case sempre [[auga]], rexeitaserexéitase. Porén, a finalidade principal da destilación é obter o compoñente máis volátil en forma pura. Por exemplo, a eliminación da auga da glicerina evaporando a auga, chámase evaporación, pero a eliminación da auga do alcohol evaporando o alcohol, chámase destilación, aínda que se usan mecanismos similares en ámbolos dous casos.
== Teoría da destilación ==
Na mestura simple de dous líquidos solubeis entre si, a volatilidade de cada un é perturbada pola presencia do outro. Neste caso, o punto de ebullición dunha mestura ó 50%, por exemplo, estaría a metade de camiño entre os puntos de ebullición das substancias puras, e o grado de separación producido por unha destilación individual dependería soamente da presión de vapor, o volatilidade dos compoñentes separados a esa temperatura. Esta sencilla relación foi anunciada por vez primeira polo químico francés François Marie Raoult (1830-1901) e chamouse lei de Raoult. Esta lei só aplícase a mesturas de líquidos moi similares na súa estrutura química, como o benceno e o tolueno. Na maioría dos casos prodúcense amplas desviacións desta lei. Se un compoñente só é lixeiramente soluble no outro, a súa volatilidade aumenta anormalmente. No exemplo anterior, a volatilidade do alcohol en disolución acuosa diluída é varias veces maior que a predicha pola lei de Raoult. En disolucións de alcohol moi concentradas, a desviación é aínda maior: a destilación de alcohol de 99% produce un vapor de menos de 99% de alcohol. Por esta razón o alcohol non pode ser concentrado por destilación máis dun 97%, aínda que se realice un número infinito de destilacións.