Cinema de terror: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
arranxiño
Lameiro (conversa | contribucións)
*folklore -> folclore
Liña 4:
* A etapa muda:
O día que os irmáns [[Lumiére]] realizaron a súa primeira sesión de cinematógrafo converteron o director dun espectáculo dedicado á maxia no pai dos efectos especiais, e do cine fantástico como tal. O francés [[George Méliès]], impresionado polo invento, non só fundou o “Montruil-sous-Bois”, o primeiro estudo cinematográfico da historia, senón que foi un dos directores máis destacados do cine dos comezos de século, no que se realizaban fundamentalmente películas de fantasía, até que o público se comezou a decantar por historias e dramas máis realistas. Un dos films máis destacados de [[Méliès]] foi “Viaxe á Lúa”, escrito no ano 1902.
Nestes primeiros “films”, as técnicas de efectos especiais procedían das usadas no teatro, ou de métodos clásicos, como a "lanterna máxica". As historias alimentábanse da literatura e o folklorefolclore popular. A primeira adaptación de [[Frankenstein]] rodábanse no ano 1910. Poucos anos despois, no ano 1913, [[George Fuchs]] fundou o Artistic Theatre en [[Munich]], onde se asentarían as bases da escenografía expresionista. O expresionismo alemán tería como tema esencial o terror, como demostra “o estudante de Praga”, de [[Paul Wegener]], estreada no ano 1913.
 
Mentres, nos [[Estados Unidos]], un coñecido actor de teatro debuta no cinema. Coñecido como "o Home das 1000 caras", [[Lon Chaney]] sería máis tarde a primeira grande estrela do cinema de terror.