Saltón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Trocar espazo de nomes 'Imaxe:' e/ou 'Image:' por 'Ficheiro:'
aumentado desde es:Caelifera
Liña 1:
{{Zooloxía en progreso}}
[[Ficheiro:American Bird Grasshopper.jpg|thumb|[[Acrididae]]]]
 
O '''saltón''' é un [[insecto]] ortóptero de corpo cilíndrico (''Stauronotus maroccanus''), con antenas longas, ás amplas e patas posteriores moi desenvoltas, adaptadas ó salto.
 
É unha [[suborde]] de insectos [[herbívoro]]s da [[orde (bioloxía)|orde]] ''[[Orthoptera]]''. Diferéncianse da outra suborde de ortópteros (''[[Ensifera]]'') en que as antenas son curtas e adoitan ter menos de 30 [[artello]]s. Esta suborde inclúe moitas familias de saltóns.
 
Os saltóns poden saltar grandes distancias coas súas potentes patas traseiras, e nalgunhas ocasións mesmo son capaces de [[migrar]]. Esta circunstancia dáse cando se concentran demasiados individuos nunha mesma zona. Ante a escasez de alimento, o seu organismo libera unha serie de [[hormona]]s que fomentan a mobilidade das ás para que os individuos poidan desprazarse voando a outros lugares e evitar así a competencia intraespecífica polo alimento. Algunhas especies, como a ''[[Locusta migratoria]]'' e a ''[[Schistocerca gregaria]]'', desprázanse en grandes enxambres minguando as colleitas.
 
Algunhas especies producen ruídos audibles, usualmente frotando as patas contra as á ou o [[abdome]], ou co golpeteo das ás no voo. Algúns contan con órgano de audición, situado nos costados do primeiro segmento abdominal. As patas traseiras son tipicamente longas e fortes, apropiadas para saltar. Xeneralmente contan con ás, pero só as traseiras son membranosas e lles permiten voar, mentres que as dianteiras son coriáceas e non son útiles no voo. As femias son de maior tamaño cós machos.
 
Os ortópteros que contan con antenas tan largas ou maiores có seu propio corpo son en realidade [[grilo]]s de matogueira ou saltóns de antenas longas, pertenecentes á suborde ''[[Ensifera]]'', dos que se diferencian tamén pola estrutura do ovipositor, así como a localización do órgano auditivo e a forma en que producen os sons característicos. En termos evolutivos existe unha división entre ambas as dúas subordes que data do límite [[Pérmico|Permo]]-[[Triásico]]<ref>[http://tolweb.org/Caelifera/13316 Tree of Life - Caelifera]</ref>.
 
Os [[ovo]]s adoitan colocarse nunha substancia escumosa que os protexe durante a [[incubación]]. O número de ovos por posta acostuma rondar entre os 400 e 500.
 
 
Liña 20 ⟶ 30:
</gallery>
 
===Véxase tamén===
===Referencias===
*[http://commons.wikimedia.org/wiki/Caelifera Fotos de saltóns en Commons]
{{referencias}}
 
[[Categoría:Insectos]]