Convento de San Bieito da Guarda

edificio relixioso na vila da Guarda
Revisión feita o 28 de xuño de 2015 ás 10:30 por HombreDHojalata (conversa | contribucións) (Nova páxina: "miniatura|200px|Fachada da igrexa. O '''Convento de San Bieito da Guarda''' é un conxunto significativo, construído entre 155...")
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)

O Convento de San Bieito da Guarda é un conxunto significativo, construído entre 1558 e 1561 como Mosteiro da Transfiguración do Señor.

Fachada da igrexa.

Historia

Foi fundado por catro irmáns, naturais do Señorío de Teáns, Salvaterra de Miño, bisnetos de Pedro Madruga: Álvaro, García, Isabel e María Ozores de Sotomayor. A carta fundacional, asinada polo nuncio de Pío IV en Portugal, é do 7 de setembro de 1561 e a inauguración foi seis anos despois, o 5 de agosto de 1567, presidida polo Bispo de Tui, Diego de Torquemada.[1]

 
Convento de San Bieito da Guarda.

O edificio sufriu unha reforma importante no século XVIII, cunha portada barroca na porta norte da igrexa.

A comunidade de beneditinas ocupou o convento ata 1984, durante 417 anos. Desde 1990 as instalacións albergan un hotel.

Notas

  1. Miguel Villa Álvarez, Joaquín Miguel: "El Convento de Monjas Benedictinas de la villa de A Guarda" I e II, Faro de Vigo, xuño de 2015 (en castelán).

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas