Capela de San Miguel de Celanova

construción relixiosa en Celanova
Revisión feita o 18 de outubro de 2014 ás 09:22 por HombreDHojalata (conversa | contribucións) (traendo contido do artigo: Mosteiro de San Salvador de Celanova [merece artigo de seu])
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)

Coordenadas: 42°09′08″N 7°57′23″O / 42.152352, -7.956489

A Capela de San Miguel de Celanova é unha construción prerrománica do Mosteiro de San Salvador de Celanova.

Capela prerrománica de S. Miguel.
Planta.

Descrición

Da época da fundación do mosteiro só resta, na horta, esta pequena capela prerrománica de influencia mozárabe consagrada a San Miguel (coñecida como Capela de San Miguel), única no seu estilo en Galicia. Ergueuna San Rosendo como santuario-oratorio dedicado ao seu irmán. Ocupa 22 m², con seis de altura. A nave é de planta rectangular; o cruceiro está cuberto por unha bóveda de aresta e a ábsida é circular no interior e cadrada no exterior. Os tres espazos sepáranse mediante arcos de ferradura.

Segundo o investigador da Universidade de Vigo Roberto Vázquez Rozas a capela foi construída segundo as proporcións matemáticas de Euclides[1].

O templo consta de tres espazos: a nave, o espazo central e a ábsida. O módulo central ten 3,836 metros de longo, o duplo da lonxitude do rectángulo da ábsida (1,915 m 2,31 de ancho). Estas proporcións están relacionadas coas medidas árabes, que posiblemente determinaron o tamaño da edificación. Así, na capela aparece a relación de proporción de 6, 9 e 12 pés árabes na ábsida, a nave e o espazo cadrado central. Isto responde aos principios da sección áurea expostos por Euclides cara ao século III a. C.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía