Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Desfíxose a edición 6742795 de Lontra 404 (conversa)
Etiquetas: Desfacer Revertida
Sen resumo de edición
Etiquetas: Reversión manual Revertida Edición visual
Liña 35:
|}
 
'''Estevoaei''' é o meu nome de usuario na '''Galipedia''', onde colaboro de forma activa desde agosto de 2007. Chámome '''Adrián Estévez''', son de [[Pontevedra]] e traballo na [[A Coruña|Coruña]]. Vivín tamén en [[Cangas]], [[San Xurxo de Sacos, Cerdedo-Cotobade|San Xurxo de Sacos]], [[Santiago de Compostela]], [[Figueirido, Vilaboa|Figueirido]] e [[A Gudiña]].
 
Fixen o Bacharelato no [[IES Sánchez Cantón]]. Estudei un ciclo superior de [[artes gráficas]], fixen a diplomatura de Maxisterio de Primaria na [[Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte de Pontevedra]], e despois rematei o grao en Lingua e literatura galegas na [[USC]]. Ao respecto, un dos campos que máis me gusta é a [[toponimia]], e estou a desenvolver a subpáxina [[Usuario:Estevoaei/topónimos]]. Dentro da literatura gústame especialmente a narrativa contemporánea, máis concretamente a [[novela negra]]. Estou moi orgulloso de traducir ao galego a novela de [[John Fante]] ''[[A irmandade da uva]]''. Probei a escribir relatos, e publiquei algúns en revistas e fanzines, ás veces baixo pseudónimo. Colaborei en ''[[Pontevedra Viva]]'' facendo [[crítica literaria]] unha vez por semana coa sección "[http://pontevedraviva.com/xornalista/adrian-estevez-iglesias/ Lecturas desde O Alcouce]".
 
Creo firmemente na [[autoxestión]]; milito no [[anarcosindicalismo]] e colaboro no [[Liceo Mutante]]. Creo que a propiedade intelectual é un roubo. Gústame o deporte, e xogo á [[billarda]] e ao [[fútbol gaélico]], primeiro no [[Pontevedra Fútbol Gaélico|Pontevedra FG]] e despois no [[Berobreo FGM]], o [[Dorna FG]], o [[Auriense FG]] e o [[Fillos de Breogán]]. Amais de diversos lugares da [[península Ibérica]], estiven en [[Mallorca]], [[Montecarlo]], [[Milán]], [[Venecia]], [[Verona]], [[Florencia]], [[Pisa]], [[Roma]], a [[Cidade do Vaticano]], [[Sheffield]], [[Cholet]], [[Praga]], [[Copenhague]], [[Bérgamo]], [[Liubliana]], [[Zagreb]], [[Saraxevo]], [[Mostar]], [[Dubrovnik]], [[Split]], [[París]], [[Berna]], [[Viena]], [[Londres]], [[Sicilia]], [[Illa de Madeira|Madeira]], [[Turín]], [[Aberystwyth]], [[Cardiff]], [[Cidade do Cabo]], [[Sydney]], [[Melbourne]], [[Tasmania]], [[Nova Zelandia]], [[Cornualles]], [[Estocolmo]], [[Condado de Gotland|Gotland]], [[Berlín]], [[Marrakech]], [[Essaouira]], [[Sofía, Bulgaria|Sofia]], [[Skopje]], [[Ohrid]] e [[Tirana]].
 
Son un lambón. Gústame o [[polbo á feira]], os [[pementos de Padrón]], o arroz con chícharos, a [[tortilla de patacas]], o [[leite frito]], a [[sidra]], o [[viño]] e o [[kalimotxo]].<br>Adoro bailar. Gústame ir a concertos e sacar fotos, desde [[Einstürzende Neubauten]] até [[Ataque Escampe]] pasando por [[Julieta Venegas]]. Son cantante no grupo [[Columna Vegana]].