Marco Antonio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breobot (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «infantería»
Breogan2008 (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «brindado»
Liña 44:
Ante o avance do exército de Antonio, [[Octaviano]] traizoou finalmente ao partido senatorial, chegando a un acordo con Antonio e [[Marco Emilio Lépido (século -I)|Lépido]]. Os tres líderes atopáronse en Bononia, adoptando o título de Triumviri reipublicae constituendae como gobernantes aliados. A Galia Cisalpina foi adxudicada a Antonio, Hispania e a Galia Narbonense a Lépido, e África, Sardeña e Sicilia, a [[Octaviano]].
 
Os Triunviros para a organización do pobo obtiveron recoñecemento oficial mediante a Lex Titia, aprobada pola Asemblea o 11 de novembro do 43 a.C., a cal outorgaba virtualmente todos os poderes aos triunviros durante un período de cinco anos. Para fortalecer a alianza, [[Octaviano]] casou con [[Clodia]], a fillastra de Antonio. Necesitados de fondos para sufragar a guerra contra os conxurados, os triunviros comezaron entón a perseguir á facción dos asasinos de [[Xulio César|César]], que fuxiran cara ao Leste, así como a executar aos partidarios de conxura que aínda permanecían en [[Roma]], desencadeando unha onda de terror na cidade o 1 de xaneiro do ano 42 a.C.: proscricións, confiscacións e execucións convertéronse na norma xeral daqueles días, sendo asasinados ata algúns dos máis nobres cidadáns. Uns 2.000 cabaleiros e 160 senadores foron executados, sendo [[Marcus Tullius Cicero|Cicerón]] a vítima máis destacada neste vórtice, pese ao apoio brindadoblindado a [[Octaviano]], quen consentiu a súa execución tras ser capturado ao tratar de escapar. Antonio e a súa esposa [[Fulvia]] non perdoaron as acusacións pasadas de Cicerón, vingándose co seu corpo: as súas mans e cabeza foron enviadas á Rostra, coa súa lingua atravesada polas forquillas douradas de [[Fulvia]]. Finalmente, trala dobre batalla de [[Filipos]] (libradas o 3 e o 23 de outubro do 42 a.C.) e o suicidio de [[Casio]] e [[Bruto]], os partidos senatorial e republicano foron aniquilados: ninguén máis debía desafiar o poder do Triunvirato.
 
=== A repartición do mundo romano e a guerra de [[Perugia]] ===