Perfecto Feijoo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 11:
Estudou a carreira de Farmacia na [[Universidade de Santiago de Compostela]], e tras tres anos de prácticas en [[Madrid]], regresou en 1880 a Pontevedra. Adquiriu a botica da rúa da Peregrina á viúva do anterior boticario, e este punto céntrico da cidade converteríase co tempo nun importante punto de tertulia, onde asistirían persoeiros como [[Emilia Pardo Bazán]], [[Eugenio Montero Ríos]], [[Práxedes Mateo Sagasta]], [[Pablo Iglesias Posse]], [[Miguel de Unamuno]] ou [[Víctor Cervera Mercadillo]]. Nesta botica tiña o seu [[papagaio Ravachol]], animal que co tempo acabou por converterse no referente do [[entroido]] pontevedrés. Fundou o [[Colexio de Farmacéuticos de Pontevedra]], e o seu labor como boticario foi recoñecido con medallas en exposicións de [[Zaragoza]] e Madrid.
 
Xa adulto pediulle a [[Manuel Villanueva]], gaiteiro de [[Poio]], que lle aprendese os segredos do instrumento. En 1883 fundou [[Aires da Terra]], o primeiro coro galego. En [[1904]] gravou o primeiro disco de música galega<ref>{{Cita web |url=http://www.retrouso.com/paxinas/zanfona_en_galicia/paxinas/fotofeijoo.htm |título=Perfecto Feijoo zanfoñeiro |data-acceso=10 de febreiro de 2008 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20080212182708/http://www.retrouso.com/paxinas/zanfona_en_galicia/paxinas/fotofeijoo.htm |dataarquivo=12 de febreiro de 2008 |urlmorta=yes }}</ref>, no que usou a [[zanfona]], o que converte o dito traballo na primeira gravación do mundo deste instrumento<ref>[http://www.culturagalega.org/noticia_arquivo.php?id=9592 "O pontevedrés Perfecto Feijóo realizou a primeira gravación de zanfona do mundo"], artigo en ''Cultura Galega''.</ref>. A mencionada iniciativa partiu do [[empresario]] [[A Coruña|coruñés]] [[Pedro Ferrer]], editor da revista ''Portfolio Galicia'', quen lle encargou á compañía francesa Gramophone a gravación. A Compañía desprazou un equipo de gravación motorizado que realizou a gravación dos 22 temas do disco. Por este traballo o Coro non recibiu ningún tipo de compensación económica, porén tivo moita repercusión chegando a súa distribución a terras americanas. O éxito acadado levou a que fose reeditado en [[1911]] pola ''Compañía Odeón''<ref>[http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2003/10/20/2088790.shtml?idioma=galego "Pontevedra 2004 Ano da Música: Non centenario do primeiro disco galego"] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20160312080156/http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2003/10/20/2088790.shtml?idioma=galego |date=12 de marzo de 2016 }}, artigo en ''La Voz de Galicia'', 20 de outubro de 2003.</ref>. Escribiu a composición ''Alborada de Rosalía de Castro''.
 
=== Escritura ===