Perctarito, nado en 645 e finado en 688, foi duque de Asti e rei longobardo de Italia, fillo e sucesor do rei Ariperto (661).

Perctarito
Nacemento645
Falecemento688 e 690
Lugar de falecementoPavia
SoterradoPavia
Relixióncatolicismo
Ocupaciónmonarca
PaiAriperto
CónxuxeRodelinda
FillosCuniperto e Vigilinda
IrmánsGodeperto
Na rede
WikiTree: De_Lombardía-10
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Rei católico, cerca Pavia mentres que, cousa curiosa, comparte o poder co seu irmán Godeperto, co-rei ariano con sede en Milán, a antiga capital dos longobardos. Tras ser asasinado o seu irmán pouco despois por unha conxuración de palacio dirixida por Grimoaldo, duque de Benevento, prefire fuxir que sufrir o mesmo destino e atopa primeiro refuxio cos ávaros do khagan Kakan e despois entre os francos. Con todo, a súa muller Rodelinda e o seu fillo Cuniperto, capturados por Grimoaldo, son enviados ao exilio a Benevento.

En 671, volto do exilio, toma finalmente o poder e volve a subir ao trono longobardo. Fai do catolicismo a relixión oficial do reino pero non recoñece a autoridade papal, asina a paz cos bizantinos e asocia ao seu fillo Cuniperto ao poder a partir de 678. Loita en van contra o rebelde Alachis, duque de Trento, antes de morrer asasinado en 688, vítima dunha conxuración.

Descendencia editar

Pertarito tivo os seguintes fillos:

Posteridade editar

Pertharite é o nome dunha traxedia de Pierre Corneille, baseada na historia deste rei longobardo.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Reino longobardo

Segue a:
Ariperto
Perctarito
Precede a:
Grimoaldo
Reino longobardo

Segue a:
Garibaldo
Perctarito
Precede a:
Cuniperto