Jorge Sanz Miranda

actor español

Jorge Sanz Miranda, nado en Madrid o 26 de agosto de 1969, é un actor español.

Infotaula de personaJorge Sanz Miranda

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento26 de agosto de 1969 Editar o valor em Wikidata (54 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónColegio Nuestra Señora del Pilar (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoActuación Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo España Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónactor , actor de cinema Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1979 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxePaloma Gómez (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosMerlín Sanz (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0764450 Allocine: 16028 Allmovie: p63135 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Debuta profesionalmente con nove anos no filme La miel (1979), de Pedro Masó. En 1982, tras aparecer en Conan o bárbaro, protagoniza con éxito Crónica del alba. Valentina ás ordes de Antonio Betancor. A súa fotoxenia e naturalidade ante a cámara convérteno nese momento nun dos actores novos máis prolíficos do cinema español.

Aínda na adolescencia, destaca en películas como Mambrú se fue a la guerra, de Fernando Fernán Gómez e El año de las luces, de Fernando Trueba, onde coincide por primeira vez con Maribel Verdú, unha das súas parellas artísticas máis adoitas.

Con Vicente Aranda roda algúns dos seus filmes máis relevantes, xa en personaxes adultos, entre elas Si te dicen que caí, Amantes e Libertarias, ademais da serie de televisión Los ginetes del alba. En todas elas comparte protagonismo con Victoria Abril.

O seu traballo en Belle Époque (1992) confírmano como intérprete de proxección internacional. Dende entón encadea traballos de calidade e demostra a súa versatilidade en comedias como Los peores años de nuestra vida, de Emilio Martínez Lázaro, Cha-cha-chá, de Antonio del Real ou Oviedo Express, de Gonzalo Suárez. Con Fernando Trueba e Penélope Cruz repite en La niña des tus ojos (1998). Máis tarde intervén, entre outras, en Tuno negro, El Lobo e Bienvenido a casa.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Bibliografía editar

  • Holmstrom, John. The Moving Picture Boy: An International Encyclopaedia from 1895 to 1995. Norwich, Michael Russell, 1996, p. 375-376.
  • D’Lugo, Marvin: Guide to the Cinema of Spain, Greenwood Press, 1997. ISBN 0-313-29474-7
  • Perriam, Chris: Star and Masculinity in Spanish Cinema: From Banderas to Bardem, Oxford University Press, 2003. ISBN 0-19-815996-X.