John Newton

pastor anglicano

John Newton, nado en Wapping, Londres, o 4 de agosto de 1725 e finado o 21 de decembro de 1807 foi un escravista e despois un abolicionista e autor inglés de himnos coñecido sobre todo pola canción cristiá en lingua inglesa "Amazing Grace" (Sublime Graza).[1]

Infotaula de personaJohn Newton

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento24 de xullo de 1725 (Xuliano) Editar o valor em Wikidata
Londres Editar o valor em Wikidata
Morte21 de decembro de 1807 Editar o valor em Wikidata (82 anos)
Londres Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaTomb of John and Mary Newton (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa Anglicana Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónclérigo , comerciante de escravos , abolicionista , mariño , escritor de himnos , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm2677065 IBDB: 503777
Musicbrainz: 9484dbd2-849b-42e8-ab23-a3c1b9012e9c Discogs: 654163 IMSLP: Category:Newton,_John WikiTree: Newton-5401 Find a Grave: 77103085 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Primeiros anos: escravismo e conversión editar

Newton foi, na súa mocidade, un comerciante de escravos destacado pola súa extrema crueldade. Posteriormente, converteuse ao cristianismo, tornándose protestante (crego anglicano) e compositor de himnos, sendo "Amazing Grace" o máis célebre, cantado por metodistas, baptistas e máis tarde adoptado polos católicos. A súa vida marítima comezou aos 11 anos e, en 1743, tentou desertar da gardamariña sendo castigado fisicamente de xeito moi severo. Durante os seus anos de escravista, foi notorio pola brutalidade con que tratou aos escravos. En 1748, durante unha forte tormenta preto de Donegal, Irlanda, tivo unha epifanía espiritual, o barco evitou in extremis o naufraxio. Desde ese momento evitou a blasfemia, os xogos de azar e a bebida, e aumentou a súa compaixón polos escravos. A súa verdadeira conversión, segundo el, aconteceu despois de ser nomeado en Liverpool primeiro oficial do barco negreiro Brownlow, espiritual manifestouse máis tarde, durante un período en África onde enfermou e dixo sentir unha paz plena con Deus por primeira vez.

Abolicionismo editar

A pesar da súa transformación, só en 1788, décadas despois de abandonar a trata de escravos, denunciou publicamente a industria escravista co folleto "Pensamentos sobre a trata de escravos", no que expresou o seu arrepentimento e horror polo que fixera, buscando a redención e concienciar ao parlamento e á sociedade da atrocidade do comercio de escravos.[2]

A pesar do seu pasado como comerciante de escravos, foi un destacado abolicionista que loitou para erradicar o comercio de escravos de Inglaterra e fundou unha importante sociedade abolicionista, á que os seus inimigos chamaron despectivamente a seita de Clapham.

Newton converteuse nun aliado de William Wilberforce, líder da campaña parlamentaria para suprimir o comercio de escravos africanos. Newton viviu para ver o momento do triunfo cando, en 1807, Inglaterra promulgou a "Lei de Comercio de Escravos".

Pasamento editar

Newton morreu o 21 de decembro de 1807 en Londres. Foi enterrado xunto á súa muller en St. Mary Woolnoth, Londres. Ambos foron trasladados á Igrexa de San Pedro e Paulo en Olney en 1893.[3]

 
Placa de homenaxe a John Newton

"Amazing Graze" editar

 
Tumba e epitafio de John Newton

Durante anos pensouse que a melodía de "Amazing Grace" aparecía por primeira vez escrita no cancioneiro Virginia Harmony de 1831. Porén, máis tarde descubriuse que xa estaba no Columbian Harmony , publicado en 1790. A versión da melodía que máis se coñece coas letras desta canción denomínase 'New Britain'.

No filme de 2006 Amazing Grace John Newton foi representado polo actor Albert Finney.[4]

Notas editar

  1. J.John (2021-02-13). "John Newton – the slave trader who found amazing grace". New Life Publishing (en inglés). Consultado o 2023-09-21. 
  2. Hochschild 2005.
  3. "Imaxe da tumba de John Newton". findagrave.com. 4 outubro 2008. 
  4. Apted, Michael (2007-02-23). "Amazing Grace". Consultado o 2023-09-21. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar