Francisca Dorotea

monxa dominicana descalza galega

Sor Francisca Dorotea, nada en Santiago de Compostela o 6 de febreiro de 1558 e finada en Sevilla o 13 de marzo de 1623, foi unha monxa dominicana descalza galega, fundadora do convento de Santa María dos Reis de Sevilla. En 1630 iniciouse o proceso de beatificación, elevado á Congregación dos Sacros Ritos de Roma en 1642. Porén, en 1777 quedou definitivamente interrompido.

Infotaula de personaFrancisca Dorotea

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento6 de febreiro de 1558 Editar o valor em Wikidata
Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Morte1623 Editar o valor em Wikidata (64/65 anos)
Sevilla Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaConvento de Santa María de los Reyes Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonxa Editar o valor em Wikidata
Orde relixiosaOrde dos Predicadores Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Filla de Gaspar Bernaldo de Villada, natural de Guadalaxara, e da malagueña Catalina Vivas Lucero, naceu en Santiago de Compostela, onde un familiar da súa nai exercía de cóengo. Axiña a familia se trasladou a Sevilla, á que retornaran desde América os avós paternos. En 1590 fundou unha comunidade de dominicanas e, tras varios cambios de sede e distintas aprobacións, fundou en 1611 o convento de Santa María dos Reis, no que profesou en 1613 e faleceu o 13 de marzo de 1623.[1][2]

No curso do proceso de beatificación o cóengo Juan de Loaysa, postulador da causa, encargou en 1674 a Murillo o retrato da monxa, copiado do que se lle fixo no leito de morte segundo explica a inscrición en letras douradas que se incorporou ao propio lenzo posiblemente en 1688, cando Loaysa o doou á catedral. Del fixo un debuxo e un gravado calcográfico Cornelio Schut para ser gravado en Anveres por Martin Bouché en 1683. Recolle o momento que todas as biografías da venerable recollen como o máis relevante da súa biografía, cando agonizante e sufrindo unha intensa sede pediu un crucifixo ás súas irmás, que non querían darlle de beber por non alongar a agonía, e achegándoo á boca succionou da chaga do costado de Cristo un líquido invisible que acougou a súa sede.[3][4][5]

A súa biografía foi escrita por Juan de Salinas, que fora o seu confesor e impulsor da apertura do proceso de beatificación, aínda que quedou inédita cando un decreto de Urbano VIII ordenou paralizar as causas de beatificación até pasados cincuenta anos da morte. Ao retomarse a causa, anos máis tarde, o xesuíta Gabriel de Aranda, que tamén escribiu a biografía do pai Fernando de Contreras, cuxo proceso de beatificación discorría paralelo, redactou unha nova biografía da dominicana co título Vida de la venerable Madre soror Francisca Dorothea, fundadora de las Religiosas Descalzas de el Convento de Nuestra Señora de los Reyes del Orden de el glorioso Patriarcha Santo Domingo de la ciudad de Sevilla, en Sevilla, por Tomás López de Haro, 1685,[6] e dela fixo unha versión compendiada Juan José Illánez, Vida abreviada de la Ven. Madre Sor Francisca Dorotea, Fundadora del Religiosíssimo Convento de Dominicas Descalzas de Sevilla, Que para extender sus noticias con más facilidad a los devotos que las ignoran, y avivarlas en los que las saben, De orden superior, y a instancias de dichas Religiosas, Da a luz... Don Juan Joseph Illánez, Presvytero , en Sevilla, en casa de Juan Francisco Blas de Quesada, impresor maior, 1734.

Notas editar

  1. Illánez, pp. 2-3.
  2. Illánez, p. 8
  3. «La venerable madre sor Francisca Dorotea» Arquivado 02 de xaneiro de 2018 en Wayback Machine., Murillo en la Catedral. La mirada de la santidad, Catedral de Sevilla.
  4. Quiles, 2018, p. 11.
  5. Valdivieso, p. 245.
  6. Aranda, Vida de la venerable Madre soror Francisca Dorothea, Biblioteca Digital Hispánica, Biblioteca Nacional de España.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar