Ozana de Kotor, nada en Relezi o 25 de novembro de 1493 e finada en Kotor o 27 de abril de 1565, foi unha relixiosa montenegrina, venerada como beata pola Igrexa católica.

Infotaula de personaOzana de Kotor

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento25 de novembro de 1493 Editar o valor em Wikidata
Kotor (Principado de Zeta) Editar o valor em Wikidata
Morte27 de abril de 1565 Editar o valor em Wikidata (71 anos)
Kotor (República de Venecia) Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
RelixiónCatolicismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonxa Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua croata Editar o valor em Wikidata
Orde relixiosaOrde dos Predicadores Editar o valor em Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa27 de abril Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Naceu como Jovana Kosić na aldea Relezi, preto de Podgorica nunha familia de relixión ortodoxa, o seu pai mesmo era sacerdote e o seu tío chegará a ser bispo de Zeta, moi piadosa, exerceu de pastora e desde pequena tivo visións do neno Xesús. En 1507 vai a Kotor para traballar na casa da familia católica dos Bucca. Ozana abandonou a súa fe ortodoxa e tomou os sacramentos católicos adoptando o nome de Katarina.

Logo decidiu vivir como anacoreta, vivindo nun cuarto de poucos metros cadrados, a carón da igrexa de San Bartomeu cunha pequena abertura para o santuario da igrexa. Máis tarde mudouse para a Igrexa de San Paulo e fíxose dominica terciaria adoptando o nome de Ozana en memoria de Osana de Mantua, un grupo de dominicas establecéronse ao seu redor formando unha pequena comunidade pero ela permaneceu pechada nun pequeno cuarto.

Durante a guerra turco-veneciana (1538-1540) o almirante turco, Barbarroxa sitiou a cidade con 70 galeras e 30.000 homes do 11 ao 16 de agosto de 1539, Ozana pasou eses días rezando para a derrota dos turcos.

Ela morreu en 1565 aos 72 anos, o bispo de Kotor, Luka Bisanti celebrou un gran funeral, desfilando o seu corpo polas principais rúas da cidade, enterrándoo na Igrexa de San Paulo. O 21 de decembro de 1927 o papa Pío XI ratificou o seu culto, invocándoo como protectora da unidade da Igrexa, beatificándoa en 1934, a súa festa celébrase o 27 de abril.