Dōgen

Monxe e filósofo budista xaponés

Eihei Dōgen (xaponés: 永平道元), nado en Kyoto o 19 de xaneiro de 1200 e finado na mesma cidade o 22 de setembro de 1253,[1][2] foi un monxe budista xaponés da seita zen, escritor, poeta, filósofo e fundador da escola Sōtō de budismo zen no Xapón. Tamén é coñecido polos nomes de Dōgen Kigen (xaponés: 道元希玄), Dōgen Zenji (xaponés: 道元禅師), Kōso Jōyō Daishi (xaponés: 高祖承陽大師) e Busshō Dentō Kokushi (xaponés: 仏性伝東国師).

Modelo:BiografíaDōgen

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ja) 道元 Editar o valor en Wikidata
Nome póstumo仏性伝燈国師 e 承陽大師 Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(ja-hani) 文殊丸 Editar o valor en Wikidata
19 de xaneiro de 1200 Editar o valor en Wikidata
Koga, Xapón (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte29 de setembro de 1253 Editar o valor en Wikidata (53 anos)
Kyoto, Xapón Editar o valor en Wikidata
Outros nomes高祖 Editar o valor en Wikidata
RelixiónZen Soto Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbhikkhu, filósofo, mestre Editar o valor en Wikidata
ProfesoresMyōzen (en) Traducir e Rujing (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
AlumnosKoun Ejō (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
FamiliaClã Koga (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
PaisMinamoto no Michichika (incerteza) Editar o valor en Wikidata  e Fujiwara no Ishi (incerteza) Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
BNE: XX908609 Musicbrainz: a1f7b6e8-4643-465c-801a-10748cf1a044 Discogs: 4303666 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Dōgen naceu en Kyoto no seo funha familia nobre e quedou orfo de nai e pai moi novo. Foi adoptado por un tío seu.

Aos 13 anos, entrou como novizo no Monte Hiei, centro da Escola Budista de Tiantai.

Na primavera de 1223 partiu cara á China, regresando ao Xapón en 1227 tras ser recoñecido polo mestre Rujing como mestre da escola Cáodòng (曹洞宗, pronunciado Sōtō-shū en xaponés).

Tralo seu regreso, desenvolveu a súa actividade relixiosa en templos próximos a Kyoto, reunindo arredor del unha comunidade de seguidores da nova escola do budismo zen. En 1243, trasladouse con eles á provincia de Echizen, na actual prefectura de Fukui. Nesta rexión fundou o templo Eihei-ji (永平寺), que se mantén como un dos dous templos principais da escola Sōtō.

O zen de Dōgen

editar

No corazón da variedade de zen que ensinou Dōgen hai unha serie de conceptos clave, que son recalcados de xeito repetido nos seus escritos. Non obstante, todos estes conceptos están intimamente interrelacionados uns cos outros no sentido en que todos están directamente conectados con zazen, ou a meditación sentada, que Dōgen consideraba que é idéntica ao zen, como se expresa claramente na primeira frase do manual de ensinanza de 1243 Zazen-gi (坐禪儀; "Principios de zazen"):

"Estudar o zen... é zazen".[3]

Cando fai referencia ao zazen, Dōgen moitas veces refírese especificamente a shikantaza, traducible libremente como "nada máis que sentar" ou "só sentar", que é un tipo de meditación sentada en que:

"o meditador senta nun intenso estado de atención concentrada que está libre de pensamentos, non dirixida sobre obxecto ningún, e unida a ningún contido en particular".[4]

Legado

editar

A súa obra mestra, Shōbōgenzō (正法眼蔵), é unha das cumes da literatura zen. Escrita ao longo de máis de vinte anos, componse de 92 libros ou fascículos nas súas edicións canónicas. Dōgen tratou neles unha gran variedade de temas, dende indicacións prácticas para a organización da vida monacal ou a correcta práctica do zazen, a lembranzas da súa viaxe á China ou reflexións filosóficas, entre as que destaca a súa concepción do tempo.

editar
  • En 2009 estreouse no Xapón un filme sobre a vida de Dōgen titulado Zen (禅), dirixido por Banmei Takahashi e con Nakamura Kankurō VI no papel de Dōgen.
  • Na serie estadounidense Lost, unha personaxe xaponesa, líder dunha tribo nativa, chámase Dogen.
  • Eiheikoroku ("Crónica extensa de Eihei"), recompilación das conferencias de Dōgen. Está dividida en dez volumes.
  • Eiheishingi ("Puros criterios de Eihei"), inclúe outros textos como Bendoho ("Métodos da procura da verdade"), Fushukuhanho ("Método de tomar as comidas"), Tenzokyokun ("Instrucións para o cociñeiro"). Trátase de textos orientados á orde comunitaria da vida monacal.
  • Fukanzazengi ("Guía universal para o método estándar de zazen"), instrucións para a correcta práctica do zazen.
  • Gakudoyojinshu ("Colección de asuntos sobre a aprendizaxe da verdade"), conxunto de textos independentes, probablemente recompilados por Dōgen. Abordan asuntos relativos á práctica do budismo.
  • Hogyoki ("Crónica da era Hogy"), preguntas e respostas entre Dōgen e o seu mestre Tendo Nyojo.
  • Shinji-shobogenzo ("Tesouro do verdadero ollo do dharma, en caracteres chineses orixinais"), recompilación de Dōgen de 300 koan, sen comentarios.
  • Shobogenzo ("Tesouro do verdadeiro ollo do dharma"), obra máis recoñecida de Dōgen que en edicións modernas conta con 95 capítulos. Trata sobre unha ampla cantidade de temas, resaltando como puntos principais a non dualidade da realidade e o zazen como vía principal para acadar o coñecemento da realidade.
  • Shobogenzo Zuimonki ("Tesouro do verdadeiro ollo do dharma doado de entender para os ouvidos"), colección de charlas informais de Dōgen que tiveron lugar entre 1235 e 1237.
  1. Bodiford 2006.
  2. Encyclopaedia Britannica 2024.
  3. "Principles of Zazen Arquivado 16 de decembro de 2015 en Wayback Machine."; tr. Bielefeldt, Carl.
  4. Kohn 196–197

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Bodiford, William M. (2006). "Remembering Dōgen: Eiheiji and Dōgen Hagiography". The Journal of Japanese Studies (en inglés) 32 (1): 1–21. JSTOR 25064606. doi:10.1353/jjs.2006.0003. 
  • Encyclopaedia Britannica (2024). "Dōgen". Encyclopaedia Britannica (en inglés). 
  • Kohn, Michael H.; tr. The Shambhala Dictionary of Buddhism and Zen. Boston: Shambhala Publications, Inc., 1991. ISBN 0-87773-520-4
  • Dōgen, Piquero, P., & Nishijima, G. W. (2013). Shobogenzo. Vol. I. Sirio.