Ragnar Lodbrok (nórdico antigo: Ragnarr Loðbrók Sigurdsson, nado antes de ca. 755 e finado ca. 865, foi un rei lendario de Suecia e Dinamarca que reinou no século IX (ca. 840). Segundo o cronista danés Saxo Grammaticus, Ragnar pertencía á liña real da casa dos Ynglingas. Aí, xunto ás sagas islandesas, considérano fillo de Sigurd Hring, rei de Suecia e conquistador de Dinamarca, e a súa consorte Alfhild Gandolfsdatter (n. 710), filla de Gandalf Alfgeirsson. Non hai acordo sobre cal era a capital dos seus dominios, nin en que país residía normalmente[1].

Infotaula de personaRagnar Lodbrok

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(non) Ragnarr Loðbrók Sigurdsson Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoséculo IX Editar o valor em Wikidata
Escandinavia Editar o valor em Wikidata
Mortec. século IX Editar o valor em Wikidata
Reino de Northumbria Editar o valor em Wikidata
Rei
Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónViquingo Editar o valor em Wikidata
Período de actividade(Con vida en: século IX Editar o valor em Wikidata)
Familia
FamiliaEscildingos (pt) Traducir, Casa de Munsö (pt) Traducir e Ynglings (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxeLathgertha
Tora Borgarhjort
Aslaug (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosBiorno Ragnarsson
 () Lathgertha
Ivar o Desosado
 () Aslaug (pt) Traducir
Halfdan Ragnarsson
 () Aslaug (pt) Traducir
Sigurd Ragnarsson
 () Aslaug (pt) Traducir
Ubba Ragnarsson (pt) Traducir
 ()
Hvitserk (en) Traducir
 () Aslaug (pt) Traducir
Rognvald Ragnarsson (en) Traducir
 () Ragnar Lothbrok (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaiSigurd Ring (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Sigurdsson-4

A pesar de aparecer como un heroe local, non hai moitas biografías súas, apenas se poden achar algunhas mencións nas sagas. A datación do seu reinado é incerta: algunhas fontes sitúano entre 750 e 794, outras de 860 a 865 e outras máis probábeis entre 835 e a súa morte en 865. Tampouco se sabe se foi recoñecido como rei durante todo ese tempo[2][3].

Traxectoria editar

 
Ilustración das Crónicas de Núremberg.

Ragnar era pagán devoto e, de acordo ás lendas nórdicas, pretendía ser descendente do deus Odín. Por iso non tiña reparos en atacar ás cidades cristiás en festas sacras (de feito preferíao, pois a sorpresa era maior e os soldados adoitaban estar no templo). Vinculóuselle en matrimonio con dúas famosas guerreiras skjaldmö, Lathgertha en Gesta Danorum, e a raíña Aslaug (Aslög), a filla de Sigurd e Brynhildr, segundo a saga Völsunga.

Historicidade editar

A historicidade da vida de Ragnar, en tanto figura lendaria cuxa vida transcorreu tan só parcialmente en lugares e tempos cubertos polas páxinas da historia, non é moi clara. No seu comentario á Gesta Danorum de Saxo Grammaticus, Hilda Ellis Davidson sinala os notorios esforzos de Saxo no libro IX da Gesta por consolidar, baixo o reinado de Ragnar, diversos eventos e historias confusas, e en ocasións contraditorias, das que tiña coñecemento. É por iso que moitos actos atribuídos a Ragnar na Gesta poden asociarse, por medio de diversas fontes, con varias figuras diversas, algunhas das cales presentan hoxe máis sentido en termos históricos. Entre estes candidatos a configurar o Ragnar histórico inclúese a:

Polo momento, todos os intentos de vincular ao Ragnar lendario cun ou varios deses homes foron vans dada a dificultade de reconciliar as distintas fazañas e a súa cronoloxía. Con todo, a tradición central ao redor dun heroe viquingo chamado Ragnar (ou os seus derivados) que levou o espanto á Europa de mediados do século IX, e que procreou varios fillos de renome, é sorprendentemente persistente, e algúns aspectos da mesma atópanse relatados en fontes relativamente confiábeis, tales como a Crónica anglosaxoa. De acordo a Davidson, «nos últimos anos algúns académicos aceptaron polo menos a última parte da historia de Ragnar como baseada en feitos históricos»[5]. Katherine Holman, doutra banda, concluíu que «aínda que os seus fillos son figuras históricas, non hai evidencia algunha de que Ragnar existise; parece tratarse dunha amálgama de distintas figuras históricas e unha viva invención literaria»[4].

Incursións editar

Pasou boa parte da súa vida en expedicións viquingas arrasando cidades da Europa cristiá e adoitaba aceptar o pago dun rescate ou tributo (danegeld) para deixar en paz os pobos atacados e abandonar as súas terras.

Báltico editar

Saxo Grammaticus na súa Gesta Danorum cita dúas importantes incursións a principios da década de 840 de Ragnar no mar Báltico, o primeiro contra os dominios dos semigalianos que Saxo denomina «hellespontianos», e o segundo contra curonios e sambianos[4]. Tras vencer aos semigalianos, de regreso a Dinamarca, atacou as costas de Sambia e o reino dos curonios forzando aos seus habitantes a recoñecelo como conquistador para evitar a devastación[5].

Francia editar

Aproximadamente en 845, era xa un dos maiores caudillos viquingos, preocupado pola falta de ocupación dos seus fillos. Temía que os homes de armas do seu reino, sen inimigos, cometesen algunha estupidez que fose contraproducente para o seu reinado. Por iso lanzou unha ofensiva con 120 barcos e 5000 homes contra o reino de Francia. Probabelmente desembarcou no estuario do Sena e arrasou a parte occidental do Imperio franco.

Un histórico Ragnar Lodbrok aparece como jarl da corte de Horik I (814-854) de Dinamarca, participou no asedio de París o 28 de marzo de 845[6]. Carlos II o Calvo, neto de Carlomagno, tivo que pagar pola cidade un danegeld (tributo) de 7.000 libras de ouro e prata para evitar a pillaxe.

Este acordo non lle impediu atacar outras partes de Francia, sendo ardua a tarefa de expulsalo.

Inglaterra editar

Tras Francia, as illas británicas atraeron a súa atención. En 865, desembarcou en Northumbria, na costa nordés de Inglaterra, onde foi derrotado por Ælle de Northumbria. Foi atrapado polo rei dos anglos, e executado de maneira horríbel, guindado a un pozo de serpes velenosas. As súas últimas palabras foron que os seus cachorros o habían vingar. Estes eran os seus fillos Björn, Ivar, Halfdan e Ubbe.

Herdanza editar

Da súa relación con diversas mulleres impútaselle a paternidade de varios fillos segundo as sagas nórdicas:

Na ficción editar

Aparece como protagonista principal na serie Vikings, interpretado polo actor Travis Fimmel.

Aparece, como personaxe secundario, no cómic El Capitán Trueno, como pai de Sigrid.

Aparece na película de 1958 The Vikings, interpretado polo actor Ernest Borgnine.

Notas editar

  1. Du Chaillu, Paul B. (Paul Belloni): The Viking Age: the Early History, Manners, and Customs of the Ancestors of the English-speaking Nations: Illustrated from the Antiquiites Discovered in Mounds, Cairns, and Bogs as Well as from the Ancient Sagas and Eddas, , (2 volumes. London : John Murray, 1889), FHL book 948 H2d; FHL film 1440113 items 1-2., vol. 2 pp. 450-459.
  2. Kendrick, Thomas Downing: A History of the Vikings, (New York: Charles Scribner's Sons, 1930), FHL book 948 H2k; FHL microfilm 896938 item 1., pp. 203, 207, 231, 279-283, 285, 287, 304, 308.
  3. Bugge, Mogens Fraas: Våre Forfedre, (Olso: I kommisjon hos Cammermeyers Boghandel, 1939), FHL book 929.2481 B865b., pp. 25, 56.
  4. Saxonis Gesta Danorum, t. 1, p. 257 (IX, 4:20-24), 259-260 (IX, 4:29-32).
  5. Saxonis Gesta Danorum, t. 1, p. 257 (IX, 4:23).
  6. Mawer, Allen. The Cambridge Medieval History vol. III, Cambridge University Press, 1922. p. 319.
  7. Allen Mawer, M.A., The Vikings, Luis Echávarri (trad.), Cambridge University Press (ed.), Pleamar, Tucumán, Buenos Aires, 1944, p. 56.
  8. Paul Belloni Du Chaillu, The Viking Age: The Early History, Manners, and Customs of the Ancestors of the English-speaking Nations, Vol. 2, John Murray, 1890, p. 450.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar