Eadwulf I de Northumbria

Eadwulf, finado en 717, foi rei de Northumbria desde a morte de Aldfrith en decembro de 704 até febreiro ou marzo de 705, cando o fillo de AldfrithOsred foi restaurado no trono.

Infotaula de personaEadwulf I de Northumbria
Nome orixinal(en) Eadwulf I Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoséculo VII Editar o valor em Wikidata
Morte717 Editar o valor em Wikidata
Dalriada Editar o valor em Wikidata
Rei de Northumbria
decembro de 704 – 1 de marzo de 705
← Aldfrith de NorthumbriaOsred I de Northumbria → Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor em Wikidata
Familia
FamiliaLeodwaldings (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosEarnwine (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Osred era un neno cando o seu pai morreu, e suponse que Eadwulf usurpou o trono. A relación de Eadwulf, se é que a había, con calquera membro da dinastía gobernante, descendentes de Ida énos descoñecida, pero é bastante posíbel que fose de estirpe real, xa que dúas ou máis ramas dos Eoppingas aparecen como reis de Northumbria despois da extinción da liña principal.

Inicialmente Eadwulf parece contar co apoio do ealdorman Berhtfrith fillo de Berhtred, presumibelmente o señor da fronteira nororiental de Bernicia, en Lothian e ao longo do Forth. Con todo, pronto estalou a crise. O bispo Wilfrid, exiliado por Aldfrith, desexaba regresar a Northumbria, e Eadwulf tentou evitalo. No entanto, Berhtfirth era partidario do regreso de Wilfrid e isto provocou unha breve guerra civil que concluíu co asedio de Bamburgh. Berhtfrith, Wilfrid e os seguidores de Osred impuxéronse, e Osred foi restaurado no trono de Northumbria.

Eadwulf parece terse exiliado, ben a Dál Riata, ben a Pictavia e a súa morte aparece nos Anais do Ulster en 717. O seu fillo Earnwine foi asasinado por orde de Eadberht de Northumbria en 740. O bisneto de Eadwulf, Eardwulf e o seu fillo Eanred chegarían a ser reis de Northumbria.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Higham, N.J., The Kingdom of Northumbria AD 350-1100. Stroud: Sutton, 1993. ISBN 0-86299-730-5
  • Marsden, J., Northanhymbre Saga: The History of the Anglo-Saxon Kings of Northumbria. Londres: Cathie, 1992. ISBN 1-85626-055-0
  • Yorke, Barbara, Kings and Kingdoms of early Anglo-Saxon England. Londres: Seaby, 1990. ISBN 1-85264-027-8