Gwenddoleu ap Ceidio

rei britano

Gwenddoleu ap Ceidio, finado contra o ano 573, foi un rei britano que reinou en Arfderydd (hoxe Arthuret). Isto está no que hoxe é o suroeste da Escocia e noroeste da Inglaterra na zona do muro de Hadrián e Carlisle durante o período posromano de Britania. Pénsase que Carwinley preto de Longtown ao norte de Carlisle representa Caer Wenddolau ou Forte de Gwenddolau.

Gwenddoleu ap Ceidio
Nacemento520
Falecemento573
NacionalidadeKingdom of Carwinley
Ocupaciónmonarca
PaiCeidiaw mab Arthwys
IrmánsNudd ap Ceidiaw
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

As xenealoxías fan del un descendente de Coel Hen, quen se cre que gobernou moito do que hoxe é o sur da Escocia e os Borders seguindo a retirada romana da illa de Britania, na zona coñecida como Hen Ogledd. Gwenddoleu foi probabelmente o herdeiro dun dos moitos estados sucesores do reino de Coel Hen, foi un usurpador que pretendía descender del para lexitimar o dereito da súa familia sobre a rexión.

Coñécese ben pouco do seu reinado, pero rematou cando, como o describen os Annales Cambriae, os fillos de Eliffer, Peredur e Gwrgi, os dous reis de Efrog, o mataron na Batalla de Arfderydd en 573. É posíbel que o sucedese algún dos seus irmáns. Esta foi unha das moitas batallas nas que se enfrontaron os reis britanos que gobernaban os varios estados fracturados que ocuparon a provincia romana de Britania cando os romanos se retiraron dela.

Malia que Gwenddoleu non desempeñou papel ningún na lenda artúrica, o seu conselleiro Myrddin formaba parte da base das posteriores lendas sobre o mago Merlín. Cóntase que Myrddin toleou pola pena debido á morte de Gwenddoleu e que fuxiu cara ao bosque de Caledonia. A memoria de ámbolos dous, Gwenddoleu e Myrddin, foi preservada na literatura galesa.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Mike Ashley, The Mammoth Book of British Kings and Queens.
  • Rachel Bromwich (ed.), Trioedd Ynys Prydein (University of Wales Press, new ed. 1991).