Urbano I, papa
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.) |
Urbano I, chamado logo santo Urbano, nado probablemente en Roma[1] e morto seguramente na mesma cidade o 23 de maio de 230, foi bispo cristián desa cidade entre o 222 e o 230.
Nome orixinal | (la) Urbanus I |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | valor descoñecido Roma, Italia |
Morte | 19 de maio de 230 Roma, Italia |
Causa da morte | valor descoñecido |
Lugar de sepultura | Catacumba de Calisto (pt) |
17º Papa | |
222 (Gregoriano) – 23 de maio de 230 (Gregoriano) ← Calisto I – Ponciano → | |
Datos persoais | |
Relixión | Cristianismo primitivo |
Actividade | |
Lugar de traballo | Roma |
Ocupación | sacerdote católico |
Período de tempo | Imperio Romano |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 25 de maio |
Familia | |
Cónxuxe | sen valor |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron The Nuttall Encyclopædia >>>:Urban I. |
Traxectoria
editarVida e pontificado
editarPouco se sabe da vida de Urbano I, fóra de que durante o seu pontificado continuou a herexía de Hipólito, pero o clima de paz nos tempos do emperador Alexandre Severo fixo aumentar as cifras de fieis, o que se percibe no crecemento de extensión das catacumbas. Conforme o Liber pontificalis Urbano I estableceu que os vasos sagrados fosen de prata e que as esmolas recibidas pola Igrexa se destinasen exclusivamente aos pobres e ao culto.
Morte e santidade
editarComo todos os papas anteriores ao edicto de Milán, foi considerado santo. Tamén se ten sinalado que foi mártir, se ben non está demostrado en absoluto. A súa festa é o 25 de maio. No 862, Nicolao I enviou parte das reliquias a Carlos II de Francia, a Auxerre, onde foi venerado como patrón das viñas. Durante tempo foi considerado avogoso contra as treboadas, a gota e a embriaguez.
Parroquias en Galicia
editarNon hai ningunha parroquia galega baixo a avogación de santo Urbano.
Iconografía
editarA miúdo, Urbano I é representado sentado, coa tiara papal e cunha espada apuntada cara ao chan. Noutros casos leva unha mitra bispal, unha Biblia e un acio de uvas na man, como lle corresponde por ser nalgunhas zonas de Europa central patrón das viñas.
Notas
editar Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |