Antón II Pedro Khuraix

Antón II Pedro Khuraix[1] (en árabe: أنطون بطرس خريش‎‎), nado en Ain Ibil (Líbano) o 20 de setembro de 1907 e finado en Beirut o 19 de agosto de 1994, foi o 75º Patriarca de Antioquía e de todo Levante da Igrexa Católica Maronita dende o 3 de febreiro de 1975 até o 3 de abril de 1986.

أنطون بطرس خريش‎‎
(Antón II Pedro Khuraix)
Patriarca da Igrexa católica maronita
Biografía
Nacemento20 de setembro de 1907 en Ain Ibil, Líbano
Pasamento19 de agosto de 1994
Ordes
Ordenación sacerdotal12 de abril de 1930
Consagración episcopal15 de outubro de 1950, por Antón I Pedro Arida
Creado cardeal2 de febreiro de 1983, por Xoán Paulo II
Elixido patriarca3 de febreiro de 1957
Patriarca de Antioquía
3 de febreiro de 1975 - 3 de abril de 1986
PredecesorPaulo II Pedro al-Mauxi
SucesorNasrala Pedro Sufair
Outros
Ficha en catholic-hierarchy.org

Traxectoria editar

Antun Khuraix naceu o 20 de setembro de 1907 en Ain Ibil, no distrito de Bint Xubail da gobernación de Nabatia.[2] Estudou no seminario patriarcal de Tiro e na Pontificia Universidade Urbaniana de Roma, e posteriormente doutorouse en Filosofía pola Universidade San Xosé de Beirut.[2] O 12 de abril de 1930 foi ordenado sacerdote.[2]

Entre 1940 e 1950 foi vigairo xeral da arquieparquía de Tiro. O 25 de abril de 1950 foi nomeado bispo auxiliar de Sidón e bispo titular de Tarso dos Maronitas.[2] Recibiu a consagración episcopal o 15 de outubro de mans do patriarca de Antioquía Antón I Pedro Arida. O 25 de novembro de 1957 pasou a ser bispo de Sidón.[2]

O 3 de febreiro de 1975 foi elixido Patriarca de Antioquía. O 17 de febreiro do mesmo ano Paulo VI concedeulle a comuñón eclesiástica, e polo seu cargo foi nomeado membro da Pontificia Comisión para a Revisión do Código de Dereito Canónico Oriental (Pontificia Commissio Codici Iuris Canonici Orientalis Recognoscendo).[3] O 2 de febreiro de 1983 o papa Xoán Paulo II creouno cardeal.[2] Como patriarca foi un infatigable impulsor de todas as iniciativas de paz na rexión para tratar de solucionar o conflito árabe-israelí.[4]

Retirouse o 3 de abril de 1986, e finou en Beirut logo dunha longa doenza o 19 de agosto de 1994.[2]

Notas editar

  1. Tamén Khoraiche, Koraiche, Khoraish, Khreich, Khraish, Koreiche, Khoraisz.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Lentz, Harris M. (2002). Popes and Cardinals of the 20th Century: A Biographical Dictionary. McFarland & Company. pp. 98-99. ISBN 9780786410941. 
  3. Pontificia Commissio Codici Iuris Canonici Orientalis Recognoscendo, ed. (1975). "Istituzione e composizione della Commissione" (PDF). Nuntia (Libreria Editrice Vaticana) (1): 12. OCLC 9237479. 
  4. Gil, Eusebio (2001). Del desencuentro a la comprensión: Israel-Jerusalén-Iglesia Católica. Universidade Pontifica Comillas. p. 131. ISBN 9788484680239. 


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Paulo II Pedro al-Mauxi
 Patriarca de Antioquía e todo o Levante 
1975 - 1986
Sucesor:
Nasrala Pedro Sufair