César Alvajar

escritor, xornalista e político galego

César Alvajar Diéguez, nado na Coruña o 10 de xaneiro de 1892 e finado en París o 6 de xuño de 1965, foi un escritor, xornalista e político galego.

Infotaula de personaCésar Alvajar

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento10 de xaneiro de 1892 Editar o valor em Wikidata
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Morte6 de xuño de 1965 Editar o valor em Wikidata (73 anos)
París, Francia Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio de Santo Amaro da Coruña Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , escritor , político Editar o valor em Wikidata
EmpregadorLa Voz de Galicia
Tierra Gallega Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeAmparo López Jean
FillosAmparo Alvajar, María Teresa Alvajar, Ana María Alvajar L. Jean, Javier Alvajar López Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Estudou Maxisterio e Letras en Santiago de Compostela, nesa época fundou o xornal progresista La República, foi redactor de El Progreso, colaborador dos diarios Tierra Gallega e El Noroeste e fundou na Coruña o semanario satírico La Ciudad. Nos sucesos da folga xeral de 1917 foi encarcerado no castelo de San Antón. Dirixiu o semanario político Adelante, onde escribía uns celebrados entremeses, e durante 18 anos foi redactor xefe de La Voz de Galicia ata 1935. Tamén colaborou en Democracia (en 1912, asinando co seu nome e co pseudónimo Jules Zadig), Acción Coruñesa, Marineda, A Nosa Terra, Ser, Galicia e Lar.

Foi Presidente do Partido Radical, polo que foi candidato nas eleccións xerais de 1931; pero abandonouno para militar no Partido Republicano Radical-Demócrata e despois en Unión Republicana. Foi de xefe de negociado na Sección de Cultura Popular e máis tarde na Sección de Propaganda e Turismo do concello da Coruña. Era o secretario do alcalde Manuel Iglesias Corral e tamén se encargaba da publicación do Boletín Municipal. Presidiu o Casino Republicano da Coruña, o Comité de Unión Republicana e a Liga dos Dereitos do Home, tamén na Coruña.

Durante a Segunda República foi Gobernador Civil de Soria e na Guerra Civil, xefe da Secretaría da Delegación de Evacuación da Xunta de Defensa de Madrid, redactor da Sección de Información do Ministerio de Estado en Barcelona e redactor dos Servizos de Estado Maior do Exército de Terra.

Ao rematar a Guerra Civil exiliouse en París, onde dirixiu La Nouvelle Espagne, órgano do Goberno Republicano no exilio. Foi xulgado e condenado en rebeldía. En París, representando a Galicia, formou parte do Consello Federal do Movemento Europeo e, dende 1951 ata a súa morte, foi delegado do Consello de Galiza. Foi membro do Comité Directivo da Agrupación a la Tercera República.

No exilio colaborou na Axencia Internacional de Prensa. Dende París dirixiu o xornal República (órgano de Acción Republicana Democrática Española), ata a súa morte. Fixo traducións e colaborou na redacción da Grande enciclopedia Larousse. Participou na revista Cuadernos del Congreso por la libertad de la Cultura.

Vida persoal editar

 
Tumba de César Alvajar no cemiterio de Santo Amaro da Coruña.

Casou con Amparo López Jeán e foi o pai de Amparo, Ana María, Javier e María Teresa Alvajar.

Obras editar

  • El espionaje alemán en las costas de Galicia, 1916.
  • Voces al viento, 1930 (recolle algunhas das colaboracións en La Voz de Galicia).
  • El regionalismo gallego: origen, desenvolvimiento. Soluciones posibles, 1930.
  • Estudio crítico del poeta Pondal, 1932.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar


Predecesor:
-
 Delegado do Consello de Galiza en París 
1951 - 1965
Sucesor:
Javier Alvajar