Andreas Libavius, nado en Halle en 1550 e finado en Coburgo o 25 de xullo de 1616, foi un médico e químico alemán.

Andreas Libavius
Andreas Libavius
Datos persoais
Nacemento1555
LugarHalle (Saale)
Falecemento25 de xullo de 1616
LugarCoburgo
NacionalidadeSacro Imperio Romano Xermánico
Actividade
Campoquímico, profesor universitario e médico
Alma máterUniversidade de Jena
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

O seu nome era Andreas Libau, pero coñécese co seu apelido latinizado. Traballou como profesor en Ilmenau e Coburgo, e foi profesor en Jena en 1588. En 1597, escribiu o primeiro libro sistemático de química, Alchemia,[1] que incluía instrucións para a preparación de diversos ácidos fortes. Algunhas das súas obras publicounas baixo o pseudónimo de Basilius de Varna.

Realizou importantes achegas á química. Descubriu a propiedade do óxido de ouro de dar cor vermella ao vidro e tamén o cloruro de estaño, que despois se coñeceu co nome de licor de Libavius.

 
Réplica do laboratorio en Rothenburg ob der Tauber.

Escribiu Neo-Paracelsica, Tractatus duo physici, Alchemia (1597),[2] Schediasmata medica et phylosophica, Commentationum metallicarum libri IV (1597),[3] Epitome metallica e Praxis alchimio, entre outras obras.

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. Comentario sobre Alchemia Arquivado 13 de xuño de 2010 en Wayback Machine., Universidade de Illinois (en inglés).
  2. Alchemia reprodución completa da obra, Universidade Complutense.
  3. Commentationvm Metallicarvm Libri Qvatvor, reprodución íntegra, Herzog August Bibliothek.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Hannaway, Owen (1986): "Laboratory Design and the Aim of Science: Andreas Libavius versus Tycho Brahe" in Isis, 77, páxs. 584-610.