Malaquías O'Morgoir
San Malaquías é o nome galego do irlandés Malachia O'Morgoir, nado posiblemente en Armagh (Irlanda do Norte) cara 1094 e finado na Abadía de Claraval (Aube, Francia) o 2 de novembro de 1148.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1094 Armagh |
Morte | c. 2 de novembro de 1148 (53/54 anos) abadía de Claraval, Francia |
Bispo católico de Armagh | |
1134 – 1137 ← Cellach de Armagh – Gelasius Ruaidri → Diocese: diocese católica de Armagh | |
Bispo de Down | |
1124 – – Ralph de Kilmessan → Diocese: Diocese de Down | |
Bispo de Connor | |
1124 – 1137 – Adam → Diocese: diocese de Connor | |
Abade | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Irlanda |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote católico , autor , bispo católico |
Período de tempo | Xeración do século XII e xeración do século XI |
Orde relixiosa | Orde de San Bieito |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 3 de novembro |
Membro dunha familia nobre, foi bautizado como Maelmhaedhoc (máis tarde latinizado como Malachia); foi abade do mosteiro de Bangor, bispo de Connor e primado de Irlanda, como arcebispo de Armagh, durante varios anos. Amigo de san Bernaldo de Claraval, foi canonizado o 6 de xullo de 1199 polo papa Inocencio III. A súa festa conmemórase o 3 de novembro.
Atribúeselle a autoría da Profecía dos papas, manuscrito que revela por medio dunha frase latina unha indicación sobre cada papa desde Celestino II, mais este documento é tachado, a miúdo, por moitos estudosos, como un escrito apócrifo do século XVI.
Non debe ser confundido, por outra parte, co bíblico Malaquías.
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Malaquías O'Morgoir |