Oito Veado Gadoupa de Xaguar
Gobernante mixteco
Oito Veado Gadoupa de Xaguar (en mixteco: Iya Nacuaa Teyusi Ñaña)[1] ou 8 Veado para abreviar, foi un poderoso gobernante mixteco na Oaxaca do século XI. Aparece atestado nun manuscrito precolombiano do século XV, coñecido como Codex Zouche-Nuttall, e noutros manuscritos mixtecos. O seu apelido tradúcese tamén como Gadoupa de Tigre e Gadoupa de Ocelote. John Pohl datou a súa vida entre os anos 1063 e a súa morte por sacrificio no ano 1115.[2] De acordo coa práctica estándar mesoamericana, o nome "Oito Veado" refírese ó día do seu nacemento dentro do ciclo de 260 días, que se compón de 13 números e 20 símbolos variados (que inclúen animais, plantas e fenómenos naturais).
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Byland, Bruce E.; Pohl, John M.D. (1994). In The Realm of Eight Deer: The Archaeology of the Mixtec Codices. Norman: University of Oklahoma Press. ISBN 0-8061-2612-4. OCLC 30892609.
- Jansen, Maarten (1998). "Monte Albán y Zaachila en los codices mixtecos". En Maarten E.R.G.N. Jansen; Peter C. Kröfges; Michel R. Oudijk (eds.). In The Shadow of Monte Albán: Politics and Historiography in Postclassic Oaxaca, Mexico (en castelán). Leiden, Países Baixos: Research School CNWS (Leiden University School of Asian, African and Amerindian Studies). ISBN 90-5789-006-2. OCLC 40511286.