Abu ʾl-Qasim Ferdowsi Tusi máis coñecido só como Ferdowsi, nado en Paj c. 940 e finado en Tus en 1020, foi un poeta persa, autor de Shahnameh, o poema épico máis longo creado por un único autor, e a épica nacional do Grande Irán. Ferdowsi celébrase como o autor máis influente da literatura persa e un dos principais da historia da literatura.

Infotaula de personaFerdowsi

(2011) Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(fa) فِردُوسی Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(fa) حَکیم اَبوالقاسِم فِردُوسی طوسی Editar o valor em Wikidata
940 Editar o valor em Wikidata
Tus (Império Samânida) Editar o valor em Wikidata
Mortec. 1020 Editar o valor em Wikidata (79/80 anos)
Tus (Império Gaznévida) Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaTus Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeImpério Samânida (pt) Traducir
Império Gaznévida (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
RelixiónXiísmo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua persa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables

Traxectoria editar

Ferdowsi naceu no seo dunha familia de propietarios de terra (dehqans) nunha aldea preto da cidade de Tus na rexión de Khorasan do Imperio Samánida, na actual provincia Razavi Khorasan do nordeste de Irán.[1] Pouco é o que se sabe da vida do poeta, coñécese que tiña unha muller e un fillo que lle morreu con 37 anos e que recordou nunha elexia inserida en Shahnameh[2].

 
Ferdowsi e os tres  poetas gaznávidas da corte

Non se sabe se escribiu algunha obra anterior, comezou a traballar en Shahnameh arredor do ano 977 coa intención de continuar o traballo do poeta Daqiqi asasinado por un escravo. Como Daqiqi, Ferdowsi empregou como unha das fontes o Shahnameh de Abu-Mansuri, en prosa e preislámico. Recibiu xeneroso patrocinio do samánida Mansur e completou unha primeira versión en 994. Cando o turcos gaznávidas derrubaron os samánidas en 999, Ferdowsi continuou a traballar no poema, reescribindo seccións enteiras para eloxiar o novo sultán Mahmud. Ferdowsi finalmente rematou a súa obra épica o 8 de marzo de 1010. Practicamente nada se sabe con algunha certeza da última década da súa vida.

Notas editar

  1. Davis, Dick (2006). Introdución a Shahnameh: the Persian book of kings. Ferdowsi, Abolqasem. Viking, p. xviii
  2. Djalal Khaleghi-Motlagh (26 de xaneiro de 2012). "Ferdowsi". Encyclopædia Iranica. Arquivado dende o orixinal o 26 de agosto de 2017. Consultado o 26 de agosto de 2017. 

 
 Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.