Artavasdes I de Armenia

Artavasdes I de Armenia (en armenio: Արտավազդ Առաջին), foi fillo do Rei de Armenia, Artaxias I de Armenia, e da raíña Satenik. Tras a morte do seu pai en 160/159 a. C., ascendeu ao trono de Armenia, territorio que gobernou entre os anos 160/159 a. C. e 115 a.C.

Artavasdes I de Armenia
Rei de Armenia

PredecesorArtaxias I de Armenia
SucesorTigranes I de Armenia
ProxenitoresArtaxias I de Armenia
Raíña Satenik

Traxectoria editar

Durante o seu reinado, Artavasdes rexeitou varios intentos do Imperio Parto de invadir Armenia, pero foi derrotado por Mitrídates II, que anexionou os territorios que integraban Armenia do Leste e tomou ao seu fillo, Tigranes, como refén. Á súa morte foi sucedido no trono de Armenia por Tigranes I.

Segundo o historiador Cyril Toumanoff, Artavasdes foi o rei que, de acordo cos anais medievais xeorxianos, interferiu en Iberia a petición dun nobre local, e instalou ao seu fillo, Arshak, no trono da rexión. Dese modo Artavasdes puido ser o responsable da institución da Dinastía Artáxida de Iberia.[1]

Notas editar

  1. Rapp, Stephen H. (2003), Studies In Medieval Georgian Historiography: Early Texts And Eurasian Contexts, p. 282. Peeters Bvba ISBN 90-429-1318-5.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Predecesor:
Artaxias I
Rei de Armenia
160/159 a. C.115 a. C.
Sucesor:
Tigranes I