Accidente de Cans

O accidente de Cans foi un accidente de autobús que tivo lugar en 1955 na aldea de Cans, e no que faleceron 31 persoas.

Datos editar

O accidente sucedeu na mañá do 26 de febreiro de 1955, cando un coche de liña que facía o percorrido entre O Porriño e Ponteareas se saíu da estrada ao seu paso por Cans. O vehículo envorcou e incendiouse. Unha boa parte dos cadáveres foron carbonizados.

Consecuencias editar

Faleceron 31 persoas. Once máis, incluído o condutor, foron feridas, e unicamente dúas persoas resultaron ilesas. Non se realizaron investigacións sobre as causas. O condutor, que era natural de Redondela emigrou posteriormente ao Brasil[1].

No lugar do accidente erixiuse un monumento de lembranza financiado por un grupo de emigrantes en Bos Aires.

Notas editar

  1. Cuando Cans fue Angrois, artigo de Alfonso Pato para El País, 4/8/2013.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar