España (xornal)
O España foi un xornal publicado en Tánxer entre 1938 e 1967.[1][2]
España | |
---|---|
Tipo | Información xeral |
Cor | branco e negro |
Fundación | 25 de outubro de 1938 |
Remata | 31 de outubro de 1967 |
Fundador | Gregorio Corrochano |
Lingua | castelán |
Localidade | Tánxer |
Ámbito | (Marrocos) |
Periodicidade | diaria |
ISSN | 9969-249X |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarFundado en 1938,[3] por inspiración do alto comisario de España en Marrocos, Juan Beigbeder,[4] o xornal sacou o seu primeiro número o 25 de outubro de 1938.[5] O seu fundador e primeiro director foi o xornalista Gregorio Corrochano.[6] O diario foi publicado nun contexto en que Falanxe editaba varios diarios no norte de África,[7] incluída a Zona Internacional de Tánxer. Aínda que se editaba na cidade tanxerina, a liña editorial de España non prestaba moito interese polos asuntos africanos e, pola contra, si o facía sobre os asuntos españois e internacionais.[6] Tamén adoitaba ofrecer abondosas crónicas taurinas.[6] No seu mellor momento chegou a ter unha tirada diaria de 50.000 exemplares. O España converteuse no principal diario español do norte de África.[8] Malia as súas orixes, a súa redacción acolleu a moitos exiliados republicanos.[5] Na década de 1950, publicou un suplemento satírico, Don José,[9] baixo a dirección de Antonio Mingote.[10] O seu derradeiro número foi do 31 de outubro de 1967.[5]
Tras a súa desaparición, foi sucedido polo Sol de España, que se publicou en Málaga entre 1967 e 1982.[11]
Notas
editar- ↑ Carrasco González 2012, p. 342.
- ↑ Israel Garzón 2008, p. 406.
- ↑ Aubert & Desvois 1996, p. 237.
- ↑ Sánchez Ruano 2004, p. 324.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 Fontes & Menéndez 2004, p. 518.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 García Baquero & Romero de Solís 2003, p. 473.
- ↑ Crespo 2016, p. 90.
- ↑ Conde Martín 2002, pp. 122-123.
- ↑ Moreiro & Melquiades Prieto 2000, p. 249.
- ↑ Reig García 2011, p. 154.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Aubert, Paul; Desvois, Jean-Michel (1996). Presse et pouvoir en Espagne, 1868-1975. Maison des Pays Ibériques. ISBN 2-909596-11-7.
- Carrasco González, Antonio M. (2012). El reino olvidado: Cinco siglos de historia de España en África. La Esfera de los Libros. ISBN 978-84-9970-729-7.
- Conde Martín, Luis (2002). Historia del humor gráfico en España. Lleida: Milenio. ISBN 84-9743-058-1.
- Crespo, Gérard (2016). Les Espagnols au Maroc, 1859-1975. De la guerre d’Afrique à l’indépendance du Sahara Espagnol. Edilivre. ISBN 978-2-334-07004-1.
- Fontes, Ignacio; Menéndez, Manuel Ángel (2004). El parlamento de papel. Las revistas españolas en la transición democrática I. Asociación de la Prensa de Madrid.
- García Baquero, Antonio; Romero de Solís, Pedro (2003). Fiestas de toros y sociedad. Universidade de Sevilla. ISBN 84-472-0817-6.
- Israel Garzón, Jacobo (2008). Los judíos hispano-marroquíes (1492-1973). Hebraica Ediciones.
- Moreiro, Julián; Melquiades Prieto, Santiago (2000). La Codorniz: Antología (1941-1978). EDAF. ISBN 84-414-0463-1.
- Naval, M.ª Ángeles (2001). La Novela de Vértice y la Novela del sábado I. Madrid: CSIC. ISBN 84-00-07891-8.
- Reig García, Ramón (2011). La comunicación en Andalucía: Historia, estructura y nuevas tecnologías. Sevilla: Centro de Estudios Andaluces. ISBN 978-84-939078-0-8.
- Sánchez Ruano, Francisco (2004). Islam y Guerra Civil Española: Moros con Franco y con la República. La Esfera de los Libros.