Concello de Eskilstuna

concello sueco no condado de Södermanland
(Redirección desde «Eskilstuna (municipio)»)

Eskilstuna é un municipio sueco (kommun) do condado de Södermanland.[1] A súa capital e localidade máis grande é Eskilstuna. As outras áreas urbanas máis grandes son (en orde de tamaño) Torshälla, Skiftinge, Hällbybrunn, Skogstorp, Ärla, Kjulaås, Hållsta, Kvicksund e Hällberga.

Modelo:Xeografía políticaConcello de Eskilstuna
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 59°22′14″N 16°30′46″L / 59.3706, 16.5128
EstadoSuecia
Condadocondado de Södermanland Editar o valor en Wikidata
CapitalEskilstuna Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación107.150 (2025) Editar o valor en Wikidata (85,69 hab./km²)
Lingua oficiallingua sueca
lingua finesa Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie1.250,48 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación 1 de xaneiro de 1971:  (Reforma municipal sueca de 1971) Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Chairman of the municipal board in Eskilstuna Municipality, Sweden (en) Traducir Editar o valor en WikidataQ133282394 Traducir (–1985)
Lars G Linder (1986–1994)
Hans Ekström (1995–2010)
Jimmy Jansson (en) Traducir (2011–) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Outro
Irmandado con

Sitio webeskilstuna.se Editar o valor en Wikidata
Facebook: eskilstunakommun Twitter: etunakommun Instagram: etunakommun LinkedIn: eskilstuna-kommun Youtube: UCnFdXNmr2uVm1fysQ4EtM_w Flickr: 48439501@N04 GitHub: Eskilstuna-kommun Editar o valor en Wikidata

O concello de Eskilstuna acadou a cifra de 100 000 habitantes o 4 de marzo de 2014, converténdose así no 15º concello sueco en chegar a esa cantidade.[2] En decembro de 2024 vivían no municipio 107 203 persoas.[3]

Historia administrativa

editar

O asentamento de Rekarne dividiuse desde arredor de 1350 ata o século XX en dous härad, Västerrekarne ao oeste do río Eskilstunaån, e Österrekarne ao leste, así como a cidade de Eskilstuna, con dereitos de cidade desde 1659, e a cidade de Torshälla, con dereitos de cidade dende 1317. Ao carón do Eskilstunaån atopábase o antigo posto comercial de Tuna na parroquia de Kloster, que, xunto co distrito recentemente establecido con Rademachersmedjorna na parroquia de Fors ao suroeste do río, recibiu os dereitos de cidade baixo o nome de Karl Gustavs stad en 1659. A mediados do século XVIII devolveuselle á cidade o nome de Eskilstuna, mentres que o nome de Karl Gustavs stad só se refería ás actividades de manufactura. No ano 1771 a zona ao suroeste do río dividiuse na cidade libre (fristad) de Eskilstuna, e non sería ata 1833 cando as dúas cidades se fusionaron de novo para formar a cidade de Eskilstuna. O nome de Eskilstuna fristad no distrito do centro da cidade ao suroeste do río vive, entre outras cousas, no nome da praza central da cidade, Fristadstorget.

A área do concello correspóndese coa das parroquias de Barva, Fors, Gillberga, Hammarby, Husby-Rekarne, Jäder, Kjula, Kloster, Lista, Näshulta, Råby-Rekarne, Stenkvista, Sundby, Torshälla, Tumbo, Vallby, Västermo, Ärla e Öja. Nesas parróquias fundáronse concellos rurais co mesmo nome coa reforma municipal de 1862. As cidades independentes de Eskilstuna e Torshälla formaron en 1863 concellos urbanos.

O 22 de febreiro de 1889 estableceuse na zona a localidade municipal de Nyfors. En 1907 os concellos municipais de Kloster e Fors e a localidade municipal de Nyfors incorporáronse á cidade de Eskilstuna.

Coa reforma municipal de 1952 creáronse varios grandes concellos: Hällby (a partir de tres dos anteriores concellos rurais), Kafjärden (de seus dos anteriores concellos), Västra Rekarne (de catro dos anteriores concellos), Husby-Rekarne e Ärla (de cada un dos dosu anteriores municipios). As cidades de Eskilstuna e Torshälla permaneceron sen cambios.

O actual concello de Eskilstuna naceu coa reforma municipal de 1971 a partir das dúas cidades e os cinco concellos rurais.[4]

Xeografía

editar

O municipio está no noroeste do landskap de Södermanland, entre os grandes lagos Mälaren ao norte e Hjälmaren ao oeste. Os dous lagos están conectados polo río Eskilstunaån, que no seu curso superior é coñecido como Hyndevadsström e no inferior ao redor de Torshälla como Torshällaån. A histórica parte de Rekarnebygden do noroeste de Södermanland correspóndese aproximadamente cos límites actuais do concello, e o nome Rekarne aínda aparece nalgúns nomes de lugares e organizacións locais.

O municipio de Eskilstuna limita ao leste co de Strängnäs, ao sur co de Flen e ao suroeste co de Katrineholm, todos no condado de Södermanland. Ao oeste limita co concello de Arboga, ao noroeste co de Kungsör e ao norte co de Köping, Hallstahammar e Västerås, no condado de Västmanland.

  1. "Län och kommuner i kodnummerordning". web.archive.org. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-08-17. 
  2. "Eskilstuna kommun - Kommun och politik - Eskilstuna 100 000". web.archive.org. 2016-04-02. Archived from the original on 02 de abril de 2016. Consultado o 2022-08-17. 
  3. "Folkmängd och befolkningsförändringar - Kvartal 4, 2024". Statistikmyndigheten SCB (en sueco). Consultado o 2025-03-18. 
  4. Andersson, Per (1993). Sveriges kommunindelning 1863-1993. Mjölby: Draking. ISBN 978-91-87784-05-7.