Esfinxe colibrí
A esfinxe colibrí (Macroglossum stellatarum) é unha especie de lepidóptero ditrisio da familia Sphingidae. Vive no sur de Europa, incluíndo a Península Ibérica, e no norte de África e centro de Asia, India e Indochina.[1] Recibe o seu nome polo seu voo e forma de alimentación, que se asemellan ao do colibrí.
Esfinxe colibrí | |||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||||
Macroglossum stellatarum Linnaeus, 1758 | |||||||||||||||||||||||||||
azul, verán; verde, todo o ano; amarelo, posible distribución de inverno.
|
Descrición
editarA envergadura das ás é de 40-45 mm. As ás dianteiras son pardas con liñas e pintas negras, e as traseiras alaranxadas. O abdome é negro e branco no lateral, con sedas con forma de cola de ave. O seu ovo é de forma ovoide, de cor amarela a verdosa e adoita eclosionar en 8 días. Larva cilíndrica de cor amarela e máis tarde verde clara. Pupa de 30–35 mm.
Historia natural
editarÉ unha especie migratoria, mais en xeral non sobrevive o inverno nas rexións frías. Ten hábitos diúrnos, raro en bolboretas esfínxidas. Aliméntase de néctar de plantas de xéneros como Viola, Verbena ou Primula. A súa trompa, para libar o néctar, é case da mesma lonxitude ca o seu corpo e esténdese desenvolvéndose desde a súa boca.
Trala cópula a femia busca especies de plantas do xénero Galium ou outros membros da familia Rubiaceae como Rubia e tamén Carduus, Phlox, Petunia, Aster e Centaurea,[1] onde pon uns 200 ovos. Pasa o inverno hibernando como adulto, en diversos lugares como gretas das que sae en días temperados de pleno inverno para procurar alimento suplementario.
Nome
editarA esfinxe colibrí describiuse por primeira vez en 1758 na 10ª edición da obra Systema Naturae de Carl Linnaeus co nome Sphinx stellatarum. O nome da especie deriva de Stellatae, que é un sinónimo da familia das plantas Rubiaceae, que son unhas das plantas das que se alimenta a eiruga. Posteriormente, Giovanni Antonio Scopoli, en 1.777, describe a especie co nome Macroglossum.[2]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Macroglossum en funet.fi
- ↑ Ian J. Kitching, Jean-Marie Cadiou: Hawkmoths of the World. An Annotated and Illustrated Revisionary Checklist (Lepidoptera: Sphingidae). Cornell University Press, New York 2000, ISBN 0-8014-3734-2
Véxase tamén
editarWikispecies posúe unha páxina sobre: Esfinxe colibrí |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Esfinxe colibrí |
Bibliografía
editar- Telles, Francismeire Jane; Lind, Olle; Henze, Miriam Judith (20 de febreiro de 2014). "Out of the blue: the spectral sensitivity of hummingbird hawkmoths". Comparative Physiology A Neuroethology, Sensory, Neural, and Behavioral Physiology 200 (6): 537–546. doi:10.1007/s00359-014-0888-0. Consultado o 30 de abril de 2015.
- Farina, WM; Varjú, D; Zhou, Y (1994). "The regulation of distance to dummy flowers during hovering flight in the hawk moth Macroglossum stellatarum". J. Comp. Physiol. A 174: 239–274. doi:10.1007/bf00193790.