Escudo de Vanuatu

O escudo de Vanuatu é un dos símbolos de Vanuatu e representa un guerreiro melanesio sostendo unha lanza diante dunha montaña e dun cairo de xabaril. Nel pode lerse o lema nacional Long God Yumi Stanap (en bislama en "Deus nos apoiamos"). A versión orixinal foi deseñada polo artista australiano Rick Frazer en 1980.[1]

Escudo de Vanuatu.

Notas editar

  1. Ligo, Godwin (10 de agosto de 2017). "Frazer's contribution to Vanuatu's independence". Vanuatu Daily Post. Consultado o 22 de xullo de 2017. 



 
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.