Escudo de Moldova

escudo de armas nacional

O escudo de Moldova está composto por unha figura dunha aguia de ouro, con pico e garras de goles que sostén no seu pico unha cruz ortodoxa de ouro e, coas súas gadoupas, unha póla de loureiro de sinople e un cetro de ouro. A figura da aguia é practicamente idéntica á que figura no escudo de Romanía.

Escudo de Moldova

Sobre o peito da aguia figura o brasón que é un campo partido de goles e azur cos elementos heráldicos tradicionais de Moldova, unha testa de uro de ouro cun sol do mesmo metal entre os seus cornos e rodeada, á súa esquerda, por unha rosa de cinco pétalos de goles (representada en ocasións de ouro) e, á súa dereita, un crecente tamén de ouro. Este brasón con algunhas diferenzas tamén figura nun dos cuarteis do escudo de Romanía.

O escudo de Moldova figura no centro da bandeira de Moldova.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar