Escudo de Colombia

O escudo de armas de Colombia é o emblema heráldico que representa ó país, e que xunto coa bandeira e o himno nacional, ten a categoría de símbolo patrio.[1]

Escudo de Colombia
Detalles
ArmigerColombia
Adoptado9 de maio de 1934 (Creado e lexislado)
17 de maio de 1924 (Ratificado)
9 de novembro de 1949 (Regulamentado)
EscudoCóndor dos Andes de fronte coas ás estendidas, mirando cara a dereita, e coroa de loureiro no peteiro; cinta de ouro na base das súas poutas coa lenda.
Divisa"Libertad y Orden"
(Liberdade e Orde)

O actual emblema e os seus elementos constituíntes teñen as súas orixes no escudo aprobado por medio da lei 3 do 9 de maio de 1834, sendo presidente da República de la Nueva Granada o xeneral Francisco de Paula Santander. As cores e a disposición dos mesmos foron adoptados e reafirmados por varios decretos, particularmente os ditaminados o 17 de maio de 1924 e o 11 de xaneiro de 1934. Finalmente o escudo é regulamentado por medio do decreto 3558 do 9 de novembro de 1949, o cal ademais describe de xeito puntual a reprodución da maioría das súas partes. O escudo vixente na actualidade recolle tanto os elementos ditaminados en 1834 como os descritos en 1924 e 1949, coas súas respectivas melloras estéticas.

O escudo como símbolo nacional é empregado polo Goberno e institucións estatais, sendo as únicas institucións que poden ostentalo de forma privativa. En canto o seu deseño existen diferentes versións estilísticas, xa que malia que as leis e decretos vixentes describen como debe ser a súa reprodución, fano de xeito incompleto e sen ter en conta para a ciencia da heráldica, o que deu lugar a certos baleiros que a comunidade en xeral encheu de maneira inapropiada dentro do debuxo do brasón.

Notas editar

  1. Presidencia de la República de Colombia. "Símbolos Patrios". Arquivado dende o orixinal o 26 de marzo de 2014. Consultado o 20 de setembro de 2009.