Escudo de Bolivia

O escudo de Bolivia é o símbolo nacional de Bolivia, empregado polo Estado boliviano e as demais institucións públicas do país. A súa actual versión, foi aprobada o 19 de xullo de 2004.

Escudo de Bolivia
Detalles
ArmigerBolivia
Adoptado14 de xullo de 1888 (adopción)
19 de xullo de 2004 (versión actual)
CristaCóndor dos Andes de fronte e coas ás estendidas

Modificacións de 2004 editar

O actual Escudo Nacional de Bolivia foi regulamentado oficialmente polo decreto 27630 aprobado polo Presidente Carlos Mesa e os ministros de goberno o día 19 de xullo de 2004. No mesmo detállanse con maior rigor proporcións e cores do escudo xa existente pero tamén se definiron algúns cambios nos elementos que o compoñen.

Entre os cambios do novo escudo, están:[1]

  • A alpaca substituíuse pola llama
  • A árbore de pan Artocarpus altilis substituíuse pola Palmeira Janchi Coco ou Zanca Palma
  • A denominación da "machada incásica" foi cambiada por só machada

Ó escudo agregáronselle os seguintes elementos:[1]

  • O Cerro Menor, en fronte do Cerro Rico
  • A Capela do Sacro Corazón de Jesús sobre o Cerro Menor.

Notas editar