Escudo da República Federal Socialista de Iugoslavia

O escudo da República Federal Socialista de Iugoslavia consite en seis fachos, rodeados de trigo, ardendo xuntos nunha soa chama, o que representou a fraternidade e unidade das seis repúblicas que formaron Iugoslavia: Bosnia e Hercegovina, Croacia, Eslovenia, Macedonia do Norte, Montenegroe Serbia. O escudo tamén conta cunha data impresa, o 29 de novembro de 1943, día no que o Consello Antifascista de Liberación Nacional de Iugoslavia (Antifašističko Vijeće Narodnog Oslobođenja Jugoslavije) se xuntou en Jajce por segunda ocasión, establecendo a base para a posterior organización da posguerra e o establecemento dunha federación (esta data celebrouse como Día da República despois da segunda guerra mundial).

No escudo de armas orixinal (1943-1963) aparecen cinco fachos, en representación das cinco nacións da República Federal Socialista de Iugoslavia, croatas, macedonios, montenegrinos, serbios e eslovenos. O bosnñiacos musulmáns non estiveron representados como nación e tampouco os moitos outros grupos étnicos como os albaneses, alemáns, húngaros, rusinos e turcos, de modo que o escudo de armas foi redeseñado en 1963 para representar repúblicas iugoslavas en lugar de nacións.