Escuchando Elefantes
Escuchando Elefantes é un dúo galego de folk-rock e pop formado por Silvia Rábade e Carlos Tajes. Son coñecidos por compaxinar as súas xiras con actuacións espontáneas na rúa.[1][2][3] Publicaron varios álbums e sinxelos, con videoclips premiados internacionalmente.[4]
Escuchando Elefantes | |
---|---|
Actuación de Escuchando Elefantes na Coruña | |
Xénero(s) | folk-rock, pop |
Membros | Silvia Rábade Carlos Tajes |
Na rede | |
escuchandoelefantes.com |
Na súa carreira actuaron con músicos como Bono (U2), Glen Hansard, Sinéad O'Connor e Damien Rice entre outros.[5]
Traxectoria
editarSilvia Rábade e Carlos Tajes comezaron na Coruña en 2006 a súa aprendizaxe musical xuntos e en pouco tempo comezaron a compoñer as súas primeiras cancións, dando o seu primeiro concerto co nome de Escuchando Elefantes.[6] En 2010, Glen Hansard e Markéta Irglová, gañadores dun Óscar polo filme Once atoparon o dúo mentres ofrecían un concerto no centro de Donostia e esa mesma noite convidáronos a compartir con eles escenario no Teatro Victoria Eugenia, onde interpretaron "The Rain" con The Frames, banda referencia para o grupo.[1]
En 2012 publicaron o seu primeiro disco, Show & Tell, de maneira totalmente independente. O álbum foi ben recibido pola crítica[7][8] e levou o grupo a realizar xiras por España, Francia, Irlanda, Reino Unido e Portugal. Durante este proceso actuaron tamén como abreconcertos para artistas como Glen Hansard, Paddy Casey, Declan O’Rourke ou Cathy Davey. Tamén participaron en festivais como o Noroeste Pop Rock,[9] ou o BBK Live ademais de actuar en salas como Vicar Street.
O seu segundo álbum, Happy Lonely People, foi gravado en 2014 e contou con colaboracións de músicos como Rob Bochnik e Paddy Casey.[10] Os videoclips foron candidatos a premios internacionais e gañaron o galardón a mellor videoclip nos Premios Mestre Mateo 2014.
En 2016 publicaron os dous primeiros avances do seu seguinte álbum[11][12][6] e anunciaron un novo formato, tocando ambos tanto guitarra como batería e dando un cambio máis eléctrico ao seu son.[13][14] En marzo de 2017 publicouse o novo álbum co nome de Hope, sendo presentado nunha xira por toda Galicia e España.[15][16]
En novembro de 2017 o grupo sufriu un grave accidente de tráfico en Francia cando se dirixían ao Reino Unido para unha pequena xira.[17] As lesións sufridas obrigaron ao dúo a cancelar esa xira e paralizaron a súa actividade durante máis dun ano.[18] Volveron aos escenarios en febreiro de 2019 cunha xira titulada We are fine, thank you (Estamos ben, grazas).[19]
En febreiro de 2021, case cinco anos despois do seu último disco, publicaron o seu cuarto álbum, o primeiro en castelán, titulado ¿Por qué siempre cantáis en inglés?.[20]
Activismo
editarDende 2012 a banda formou parte dun festival benéfico celebrado en Grafton Street (Dublín) organizado por Glen Hansard para reunir fondos para a Simon Community e outras asociacións sen ánimo de lucro.[21] Neste evento téñense reunido con músicos irlandeses como Bono, Sinéad O'Connor, Damien Rice, Hozier ou The Script entre outros.[22]
Ademais teñen participado noutos actos benéficos como o Festival da Luz ou a campaña Kiss Goodbye to MS, a prol da investigación da esclerose múltiple, e en actividades como as TedTalks.[23]
Discografía
editar- Show & Tell (2012)
- Happy Lonely People (2014)
- Hope (2017)
- ¿Por qué siempre cantáis en inglés? (2021)
Sinxelos
editar- The Rain (2012)
- Forever Young (2012)
- Sing Me a Song (2013)
- Garden's Road (2014)
- Robin (2014)
- Anyway (2016)
- There'll Be Joy (2016)
- Burning Inside (2017)
- Ahora (2020)
- Valiente disonante (2020)
- Falsa vanidad (2020)
Colaboracións
editar- Willing and Waiting (con Paddy Casey, 2014)
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Estévez, Jose Luis (8 de febreiro de 2012). "De la calle al escenario". El País (en castelán). Consultado o 8 de febreiro de 2012.
- ↑ Caruncho, Jacobo (21 de novembro de 2014). "Escuchando Elefantes, de la calle del Príncipe de Vigo al escenario". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 29 de xaneiro de 2017.
- ↑ vTelevision. "Escuchando Elefantes convierte la calle en su gran escenario". VTelevision. Consultado o 29 de xaneiro de 2017.
- ↑ Portabales, Pablo (5 de setembro de 2014). "Escuchando Elefantes en el Teatro Colón". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 27 de xaneiro de 2017.
- ↑ "El grupo coruñés Escuchando Elefantes tocó con Bono de U2 en la Nochebuena de Dublín". La Voz de Galicia (en castelán). 31 de decembro de 2015. Consultado o 29 de xaneiro de 2017.
- ↑ 6,0 6,1 "El dúo coruñés Escuchando Elefantes presenta el primer single de su nuevo álbum". La Opinión A Coruña (en castelán). 17 de outubro de 2016. Consultado o 11 de setembro de 2020.
- ↑ "Mondo Sonoro Galicia - Castilla y León Nº 198 / Septiembre 2012". issuu. Consultado o 29 de xaneiro de 2017.
- ↑ "Escuchando Elefantes: Un proyecto de vida a pie de calle. | Corrientes Circulares". www.corrientescirculares.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2017. Consultado o 29 de xaneiro de 2017.
- ↑ "De la Plaza de Lugo al Noroeste". La Voz de Galicia (en castelán). 9-8-2012. Consultado o 27 de xaneiro de 2017.
- ↑ "Crónica de un éxito anunciado: Escuchando Elefantes". El Ukelele (en castelán). 18 de marzo de 2015. Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2017. Consultado o 29 de xaneiro de 2017.
- ↑ "‘There’ll Be Joy’ nuevo adelanto de Escuchando Elefantes". Colectivo de Raro Propósito. 29 de novembro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2017. Consultado o 29 de xaneiro de 2017.
- ↑ "O dúo galego Escuchando Elefantes lanza 'There'll Be Joy' e continúan obtendo éxitos". www.crtvg.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2017. Consultado o 29 de xaneiro de 2017.
- ↑ "“Siempre fui una negada para el ritmo, pero un día, no sé cómo, empecé a tocar la batería”". El Ideal Gallego (en castelán). Consultado o 29 de xaneiro de 2017.
- ↑ "Escuchando Elefantes: videoclip en Ourense para una nueva etapa". La Región (en castelán). Consultado o 29 de xaneiro de 2017.
- ↑ "Escuchando Elefantes, de gira por Galicia". Faro de Vigo (en castelán). 9 de marzo de 2017. Consultado o 11 de setembro de 2020.
- ↑ "«Hope» el tercer álbum de Escuchando Elefantes será presentado en directo en Madrid el 6 de octubre." (en castelán). 11 de setembro de 2017. Consultado o 11 de setembro de 2020.
- ↑ Lema, Rafael (2-12-2017). "Aparatoso accidente de la banda Escuchando Elefantes". Adiante Galicia (en castelán). Consultado o 26-12-2017.
- ↑ "Escuchando Elefantes vuelve tras su accidente". Faro de Vigo (en castelán). 27 de febreiro de 2017. Consultado o 11 de setembro de 2020.
- ↑ ""El accidente ha afianzado la relación con el público"" (en castelán). 5 de outubro de 2019. Consultado o 11 de setembro de 2020.
- ↑ Becerra, Javier (19 de febreiro de 2021). "Escuchando Elefantes: «El odio no es algo natural en la gente, sino producto del miedo»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 19 de febreiro de 2021.
- ↑ "Bono and Hozier take to Grafton Street for Christmas Eve busk". The Irish Times (en inglés). 24 de decembro de 2015. Consultado o 11 de setembro de 2020.
- ↑ "El grupo coruñés Escuchando Elefantes tocó con Bono de U2 en la Nochebuena de Dublín". La Voz de Galicia (en castelán). 31 de decembro de 2015. Consultado o 11 de setembro de 2020.
- ↑ TEDx Talks (28 de abril de 2016). Burning down the house - Escuchando Elefantes - TEDxGalicia (Youtube).