Escola Tel Quel
Denomínase Escola Tel Quel a un grupo de críticos literarios franceses relacionados coa publicación literaria Tel Quel. O líder desta corrente crítica é Phillipe Sollers, quen expuxo os seus obxectivos no seu discurso Lóxicas (Logiques, 1968).
Os propósitos destes críticos son tanto ideolóxicos como estéticos. Un dos seus obxectivos é devolverlle á lingua o seu poder revolucionario orixinal. Phillipe Sollers mantén que "a literatura é lingua feita con lingua". A escola, influenciada entre outros por Roland Barthes e polas teorías da semiótica, pretendeu promover o interese e a comprensión cara autores franceses como o Marqués de Sade, Stéphane Mallarmé, Lautréamont ou Antonin Artaud.
Véxase tamén Editar
Outros artigos Editar
Este artigo ou categoría carece de ligazóns interlingüísticas. Engádellas premendo na opción "Engadir ligazóns" da columna da esquerda e escribindo o código de lingua e mais o nome correspondente a este artigo ou categoría nesa lingua. Logo diso retira o modelo {{Seniw}} da páxina.Colabora connosco neste artigo e noutros en condicións semellantes para que a Galipedia mellore e medre. |