Escape Plan é un filme estadounidense de acción e suspense de 2013 protagonizado por Sylvester Stallone e mais Arnold Schwarzenegger, conta tamén coa interpretación de Jim Caviezel, 50 Cent, Vinnie Jones, Vincent D'Onofrio e Amy Ryan[3], dirixido polo sueco Mikael Håfström con guión de Miles Chapman e Jason Keller (co pseudónimo de 'Arnell Jesko')[4]. É o primeiro filme protagonizado conxuntamente polas iconas de filmes de acción Stallone e Schwarzenegger,[5] o argumento xira arredor de Ray Breslin (Stallone), un enxeñeiro estrutural que vai á cadea na prisión máis secreta e segura do mundo, e un criminal alemán Emil Rottmayer (Schwarzenegger) que vai elaborar un plan para fuxir.

Escape Plan
Ficha técnica
DirectorMikael Håfström
ProdutorMark Canton
Randall Emmett
Remington Chase
Robbie Brenner
Kevin King-Templeton
GuiónMiles Chapman
Arnell Jesko
IntérpretesSylvester Stallone
Arnold Schwarzenegger
Jim Caviezel
50 Cent
Sam Neill
Vinnie Jones
Vincent D'Onofrio
Amy Ryan
MúsicaAlex Heffes
FotografíaBrendan Galvin
MontaxeElliot Greenberg
EstudioAtmosphere Entertainment
Emmett/Furla Films
DistribuidoraSummit Entertainment
Estrea9 de outubro de 2013
Duración115 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Orzamento54.000.000 de dólares[1]
Recadación137.300.000[2]
Na rede
http://www.escapeplanmovie.com/
IMDB: tt1211956 Filmaffinity: 114347 Allocine: 135257 Rottentomatoes: m/escape_plan Mojo: tomb Allmovie: v557537 TCM: 2012366 Metacritic: movie/escape-plan TV.com: movies/escape-plan
Facebook: EscapePlanMovie Netlix: 70273614Editar o valor em Wikidata
Sylvester Stallone e Arnold Schwarzenegger forman a parella protagonista do filme

Argumento editar

Ray Breslin é un ex-fiscal e un dos propietarios de Breslin-Clark, unha firma de seguridade con sede nos Ánxeles e especializada en examinar a fiabilidade de prisións de máxima seguridade. O seu traballo consiste en infiltrarse nas prisións para estudar os seus deseños e os hábitos dos gardas para atopar e explotar os fallos de seguridade para escapar sen problema ningún e sen vítimas. A súa finalidade é asegurarse que os criminais enviados a prisión permanezan dentro, eliminando os puntos febles de cada cárcere; un xeito de se asegurar que non se repita o que lle pasou á súa familia, un preso fuxido que el enviara con éxito á prisión matou a súa muller e ao seu fillo.

A axente da CIA Jessica Mayer ofrécelles a el e ao seu socio, Lester Clark unha oferta multimillonaria por avaliar un presidio da axencia da máis alta seguridade e secreto, con reclusos que deixaron de existir no mundo exterior e ver se é realmente a proba de fugas. Non obstante, desta volta nin el nin os seus colegas van saber onde está localizada para minimizar o risco de recibir axuda exterior ao escapar. Breslin contra as súas propias regras acepta o acordo, e permite que o prendan en Nova Orleáns (Luisiana), baixo a identidade de "Anthony Portos", un terrorista español. Así a todo o plan escapa ao seu control cando lle quitan o microchip de rastrexo que levaba so o seu brazo e o drogan de camiño á prisión, o que lle impide aos seus colegas saber onde o levan.

Breslin acorda nun complexo de celas de cristal sen fiestras exteriores que indiquen a localización da cadea. Descobre que xogaron con el cando se dá de conta que o alcaide con quen tiña que reunirse non é a que tiña que ser, senón outra persoa. Coñece a Emil Rottmayer, un prioneiro, que traballa para un home de nome Victor Mannheim, descrito como un Robin Hood moderno. A parella pensa nun xeito de escapar e a súa primeira acción conxunta é escenificar unha pelexa para estudar a cela de confinamento, que conta con luces halóxenas de alta potencia para desorientar e deshidratar os prisioneiros.

Elenco editar

Produción editar

O filme fimouse entre o 16 de abril e o 23 de xuño de 2012 en Nova Orleáns[6] e na primavera tamén se rodou noutras partes do estado. O título inicial do filme foi The Tomb pero finalmente adoptou o título de Escape Plan[7]. A súa estrea foi o 9 de outubro de 2013 en Filipinas[8] e o 18 de outubro nos Estados Unidos.

Recepción editar

Recadación editar

Aínda que debutou ben nos Estados Unidos, recadando 9.890.000 dólares na súa estrea en 2.883 cines, finalmente só fixo no país 25.100.000. Non obstante, foi un éxito internacional, quedando en primeiro lugar en recadación en moitos países de Asia e Europa. recadando en total 137.300.000[2] mentres o seu orzamento foi de 50 millóns.

Críticas editar

Rotten Tomatoes deulle ao filme un 49%, baseándose en 104 críticas. Metacritic deulle unha puntuación de 49 sobre 100, baseándose en 33 críticas.

Tom Huddleston de Time Out London puntuouna con dúas estrelas sobre cinco, comentando que a película podería ser un vehículo perfecto, para Chuck Norris ou mesmo Jean-Claude Van Damme. Pero deses dous enormes heroes da vella escola podería esperarse algo mellor[9]. Ben Rawson-Jones de Digital Spy deulle catro sobre cinco estrelas[10]. Neil Genzlinger de The New York Times comentou que Escape Plan cumpriu o seu obxectivo e dá xusto que se esperaba dela[11].

Notas editar

  1. "2013 Feature Film Study" (PDF). FilmL.A. Inc. p. 11. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de abril de 2018. Consultado o 2 de xaneiro de 2017 – vía The Hollywood Reporter. 
  2. 2,0 2,1 Box Office Mojo
  3. Barnes, Henry (9 de febreiro de 2012). "Schwarzenegger and Stallone join forces for The Tomb". The Guardian (London). 
  4. Gorber, Jason (18 de outubro de 2013). "Review: Escape Plan Is Escapist Fun". Twitch Film. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 03 de setembro de 2017. 
  5. Lipp, Chaz (18 de outubro de 2013). "Movie Review: Escape Plan". Cinema Lowdown. Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2015. Consultado o 03 de setembro de 2017. 
  6. kauri (17 de febreiro de 2012). "Stallone and Schwarzenegger headed to New Orleans for 'The Tomb'". Onlocationvacations.com. Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2019. Consultado o 03 de setembro de 2017. 
  7. "The Tomb is Now The Escape Plan". ComingSoon.net. Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2013. Consultado o 11 de abril de 2013. 
  8. "Stallone, Schwarzenegger in a high-octane action-thriller". The Philippine Star. 9 de outubro de 2013. 
  9. Huddleston, Tom (15 de outubro de 2013). "Escape Plan". Time Out London. 
  10. Rawson-Jones, Ben (14 de outubro de 2013). "'Escape Plan' review: "Arnie and Sly rescue geriaction genre"". Digital Spy. Arquivado dende o orixinal o 12 de decembro de 2017. Consultado o 04 de setembro de 2017. 
  11. Genzlinger, Neil (18 de outubro de 2013). "Behind Bars, Where Anything Goes - Schwarzenegger and Stallone Star in Escape Plan". The New York Times.