Escala de tempo xeolóxico selenolóxico
Divisións do xempo xeolóxico lunar |
Pre-Nectárico - Nectárico - Ímbrico Inferior - Ímbrico Superior - Eratosteriano - Copernicano |
A escala de tempo xeolóxico da lúa, escala de tempo lunar ou escala de tempo selenolóxica[1] divide a historia xeolóxica da Lúa en seis períodos principais.
Períodos ou eras
editar- Copernicano (ou era copernicana): 1.100 millóns de anos até a actualidade.
- Eratosteniano (ou era Eratosténica): dende 3.200 millóns de anos até 1.100 millóns de anos antes do presente.
- Ímbrico superior : desde 3.800 millóns de anos até 3.200 millóns de anos antes do presente.
- Ímbrico inferior : de 3.850 millóns de anos a 3.800 millóns de anos antes do presente.
- Nectariano (ou era nectariana): dende 3.920 millóns de anos até 3.850 millóns de anos antes do presente.
- Prenectariano (ou era prenectariana): dende 4.550 millóns de anos até 3.920 millóns de anos antes do presente.
Os valores das datas son aproximados, xa que as divisións entre épocas baséanse nas datas nas que ocorreron importantes eventos xeolóxicos lunares, ás veces difíciles de determinar con precisión. A maioría das mostras lunares a partir das que se desenvolveu a escala temporal que hoxe é aceptada son basaltos do Ímbrico. As mostras anteriores e posteriores a este período son máis escasas e, en particular, as máis antigas víronse afectadas por violentos impactos meteorolóxicos que dificultan a determinación da súa idade por medios radiométricos. En moitas mesetas lunares, os planetólogos non poden distinguir entre materiais nectarianos e prenectarios, e denomínanse xenericamente materiais preímbricos.
Notas
editar- ↑ "A Cratera Eratóstenes e a Escala de Tempo Lunar" (en portugués). Consultado o 2022-07-15.
----
Este artigo sobre astronomía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
----
Este artigo sobre xeoloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Escala de tempo xeolóxico selenolóxico |
Ligazóns externas
editar- Martel, L.M.V. (28 de setembro de 2004). "Lunar Crater Rays Point to a New Lunar Time Scale" (en inglés). Planetary Science Research Discoveries.