Ernesto Atanasio Janeiro

sindicalista e político galego

Ernesto Atanasio Janeiro, coñecido como O Corcheiro, nado no Carballiño cara a 1915 e finado no mesmo concello o 14 de abril de 1998,[1] foi un sindicalista e político galego.

Infotaula de personaErnesto Atanasio Janeiro
Biografía
Nacemento1915 Editar o valor em Wikidata
O Carballiño, España Editar o valor em Wikidata
Morte14 de abril de 1998 Editar o valor em Wikidata (82/83 anos)
O Carballiño, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Operario das obras do ferrocarril e militante da CNT. O 23 de xuño de 1931, en protesta pola paralización das obras do ferrocarril, foi un dos destacados participantes na manifestación dos obreiros e veciños do Carballiño que tomou o concello, promulgou o Estado galego e plantou lume á bandeira española.[2] Marchou a Arxentina arribando a Buenos Aires o 8 de outubro de 1931 a bordo do Alcántara,[3] e foi membro da Sociedade Nazonalista Pondal.[4] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 retornou a España para combater en Cataluña no exército leal.[5] Nos anos corenta volveu ao Carballiño. Nos anos cincoenta integrouse na Asociación Cultural Avantar, da que chegou a ser presidente. Foi amigo de Manuel María, argallou a publicación do seu libro Cantigueiro do Orcellón. Dende as primeiras eleccións democráticas foi nas listas do BNG no Carballiño.[6]

Notas editar