Eric II de Noruega

(Redirección desde «Erik II de Noruega»)

Erik Magnusson, alcumado o inimigo dos curas (en noruegués, Eirik prestehater). Nado no 1268 e finado en Bergen o 15 de xullo de 1299. Foi rei de Noruega de 1280 a 1299 baixo o nome de Eric II de Noruega.

Modelo:BiografíaEric II de Noruega

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(non) Eiríkr II prestahatari Magnússon Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento4 de outubro de 1268 Editar o valor en Wikidata
Noruega Editar o valor en Wikidata
Morte15 de xullo de 1299 Editar o valor en Wikidata (30 anos)
Bergen, Noruega Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinanición Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCatedral de Bergen (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Monarca de Noruega
1280 – 1299
← Magno VI da Noruega (pt) TraducirHaakon V (pt) Traducir → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCristianismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaCasa de Sverre (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeMargarida, Princesa da Escócia (1281 (Gregoriano)–)
Isabel Bruce Editar o valor en Wikidata
FillosMargarida I de Escocia
 () Margarida, Princesa da Escócia
Ingeborg Eriksdottir of Norway
 () Isabel Bruce Editar o valor en Wikidata
PaisMagno VI da Noruega Editar o valor en Wikidata  e Ingeborg Eriksdatter Editar o valor en Wikidata
IrmánsHaakon V Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

WikiTree: Magnusson-196 Find a Grave: 9503869 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Erik foi o fillo máis vello de Magnus VI e Ingeborg de Dinamarca. Foi través da súa ascendencia materna, era descendente do rei Olaf o Santo e, polo tanto, co seu ascenso ao trono a descendencia de Olaf volveu a reinar en Noruega.

Reinado

editar

Foi coroado en Bergen o 2 de xullo de 1280, contando con só 12 anos de idade. Por mor da súa curta idade, o goberno recalou nas mans dos seus conselleiros, entre os que atopábase a súa nai, a raíña viúva, Ingeborg.

É recordado como un rei débil, cuxas decisións sempre estiveron influídas polos seus conselleiros, aínda cando acadou a maioría de idade (15 anos). Recibiu o sobrenome de o inimigo dos curas pola tensa relación que mantivo coa igrexa norueguesa. Porén, a situación en realidade reflectía a rivalidade do clero coa aristocracia, que se fixera co control do goberno.

Probablemente pola cuestión dos reclamos da herdanza da súa nai en Dinamarca, Erik II apoiou a bandidos que, como Stig Andersen Hvide, asolaron as costas dinamarquesas despois da morte de Erik V.

Finou en 1299 e foi sepultado na antiga catedral de Bergen. Ao non deixar descendentes varóns, foi sucedido polo seu irmán máis novo, Haakon.

Matrimonio e fillas

editar

En 1281, casou coa princesa Margarida de Escocia, filla do rei Alexandre III. O compromiso pactárase anos atrás, nun intento do seu pai, Magnus VI, de mellorar as relacións con Escocia. Margarida finou poucos anos despois, en 1283, dando a luz a súa filla.

O 25 de setembro de 1293 casou con outra princesa escocesa, Isabel Bruce, irmá de Roberto I de Escocia. Deste matrimonio tivo outra filla:

Predecesor:
Magnus VI
Rei de Noruega
1280 - 1299
Sucesor:
Haakon V