Erasto Mpemba

físico tanzano


Erasto Bartholomeo Mpemba nado en 1950 e finado en 2023[1][2] foi un conservacionista da fauna e garda de caza de Tanzania que, cando era un escolar de secundaria, descubriu o efecto Mpemba, un fenómeno paradoxal no que a auga quente se conxela máis rápido que a fría en determinadas condicións; este efecto fora observado anteriormente por Aristóteles, Francis Bacon e René Descartes.[3]

Infotaula de personaErasto Barthlomeo Mpemba

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1950 Editar o valor em Wikidata
Tanganica (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte2020 Editar o valor em Wikidata (69/70 anos)
Tanzania
Datos persoais
ResidenciaTanzania Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeTanzania Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Canberra (pt) Traducir
College of African Wildlife Management (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfísico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa e Lingua suahili Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Erasto B. descubriu o fenómeno epónimo no instituto Magamba en 1963 mentres preparaba xeados para gañar uns cartos.[4] Por falta de tempo, saltouse a fase de arrefriamento á hora de preparar o xeado e inmediatamente meteuno no conxelador; inesperadamente, a súa mestura de leite conxelouse máis rápido que a dos seus compañeiros. O seu profesor de física daquela díxolle que a súa observación claramente era imposíbel.[5] Uns anos máis tarde, o xefe da escola de Mpemba invitou ao físico británico Denis Osborne (1932-2014) da Universidade de Dar es Salaam a dar unha conferencia sobre o seu traballo.[6] Ao remate da presentación, Mpemba formulou a pregunta que tanto tempo lle molestaba: “Se colles dous vasos de auga con volumes iguais de auga, un a 35°C e outro a case 100°C, e os metes nun frigorífico, o que comezou a case 100 °C conxélase primeiro. Por que?"[5] Os profesores e compañeiros presentes pensaron que a afirmación era absurda e mofáronse de Mpemba pola pregunta. Osborne tamén ficou sorprendido, pero máis tarde puido demostrar experimentalmente as observacións de Mpemba.[5] [7] En 1969, durante os estudos de Mpemba no College of African Wildlife Management preto de Moshi, publicouse un artigo que el e Osborne escribiran sobre o fenómeno.[8]

Máis tarde, Mpemba estudou na Universidade de Camberra, Australia e en Texas, nos Estados Unidos[9] e converteuse en nun alto cargo do Ministerio de Recursos Naturais e Turismo de Tanzania e membro do grupo de traballo da Comisión Africana de Silvicultura e Vida Silvestre sobre a xestión da vida salvaxe e das áreas protexidas arredor de 2002.[10][11]

Notas editar

  1. Fontes conflitivas: segundo TRT Afrika morreu o 14 de maio de 2023, aos 73 anos; segundo a súa viúva, morreu ao redor de 2020.
  2. http://www.trtafrika.com/lifestyle/mpemba-the-man-who-froze-hot-water-faster-than-cold-water-13439436. "Mpemba: The man who froze hot water faster than cold water. - TRT Afrika". Mpemba: The man who froze hot water faster than cold water. (en inglés). Consultado o 2024-01-19. 
  3. "Can hot water freeze faster than cold water?". math.ucr.edu. Consultado o 2024-01-19. 
  4. Mpemba, E. B.; Osborne, D. G. (1969). "Cool?". Physics Education 4: 172–175. 
  5. 5,0 5,1 5,2 "Controversy Continues Over Whether Hot Water Freezes Faster Than Cold". QuantaMagazine.org (en inglés). Consultado o 19 de xaneiro de 2024. 
  6. "Physik: Inverser Mpemba-Effekt". www.spektrum.de (en alemán). Consultado o 2024-01-19. 
  7. "Physik: Inverser Mpemba-Effekt". www.spektrum.de (en alemán). Consultado o 2024-01-19. 
  8. Mpemba, E. B.; Osborne, D. G. (1969-05). "Cool?". Physics Education (en inglés) 4 (3): 172. ISSN 0031-9120. doi:10.1088/0031-9120/4/3/312. 
  9. "Der Mpemba-Effekt – Wasser aus der Sicht der Majis" (en alemán). Consultado o 2024-01-19. 
  10. "meeting 013" (PDF). ftp.FAO.org. [Ligazón morta]
  11. "Eventos de 1963". TEDxDar; www.ted.com. Consultado o 2024-01-19. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar